Actividades do centro, Educación Física, Infantil, Primaria, Educación Musical, The English Corner
INSTALACIÓN ARTÍSTICA: A RADIO
Enviado por admin o Dom, 02/04/2023 - 19:00Instalación Artística do 2º Trimestre seguindo o PDI da Biblioteca Escolar deste curso "Dende o Sello para o Mundo" baseada na radio.
Ver esta publicación en Instagram
COMEZARON OS OBRADOIROS!
Enviado por equipobiblio o Mér, 01/03/2023 - 15:36Xa chegaron os obradoiros a Bibliosello!! E como non... este mes adicando parte deles ao Entroido. Os nen@s durante os recreos puideron facer uso dos robots, Ipads, mesa de luz, xogos de mesa, tanto para deixar voar a imaxinación e creatividade, pero tamén para divertirse.
Deixámosvos un video para que o vexades!!
OBRADOIRO DE COCIÑA
Enviado por admin o Xov, 02/02/2023 - 19:20O noso alumnado tivo a sorte de participar nun obradoiro de cociña da man de Matrakala dentro do proxecto Edu-Excelencia dos C.P. INNOVA.
Conxuntamente, prepararon falafel con salsa de iougur e ensalada de espinacas, tomates cherri, queixo e noces. O comedor cheiraba que alimentaba!! Por último, non podía faltar a degustación. Desfrutade do resumo!!