novas

A HORTA EN PAUSA......??

Pensabades que a nosa horta ía quedar abandonada durante este tempo de cole na casa?

Pois non, polo menos unha parteGuiño

Levamos as plantas que puidemos para casa, as de "ALOE BEA" (bautizadas así porque a mestra Bea trouxo unhas plantiñas de aloe vera para incorporalas á nosa hortiña) e o noso QUERCUS "SAPIÑA" (Sapiña en honor á mestra que nos trouxo o esquexe alá polo mes de outubro) e as sementes que tiñamos pendentes de sementar.

Así que nas nosas casas.....tamén traballamos pola horta.

Queredes ver como vai a cousa??

 

 

Sementamos nos primeiros días de estancia na casa pementos, fresas, pepinos, lavanda, tomillo, tomate, esponxa natural......

Nalgúns casos xa saíron as primeiras plantiñas, outras tardan máis en sair.....unhas van en semilleiros no interior, outras en pequenas macetas ao aire, outras van nunha especie de invernadoiro....

Seguindo as instruccións de cada semente, témolas con máis ou menos luz, regámolas máis ou menos....porque xa sabedes que os coidados son distintos dependendo do que se sementa.

Estes días temos que trasplantar algunha xa a macetas máis grandes. Se estivésemos no cole trasplantaríamolas na horta nos bancais. Non é que teñamos todo o material axeitado aqui nas casas, pero seguro que cando voltemos ao cole teremos algo co que seguir traballando.

Nuns días veremos máis resultados. Esperemos que todo vaia ben e voltemos a traballar todos xuntos no noso cole. Ánimo!!! Xa queda menos!!

 

 

 

RIQUÍSIMO!!!

E...xa temos a proba da primeira receita cos froitos da nosa Horta de Lúa!!! Os nenos e nenas de 3 anos remataron este proceso tan interesante. Sementaron, coidaron e recolectaron grelos de Santiago. Para completar esta maravillosa experiencia e coa colaboración das nais deste curso, prepararon no Restaurante de Lúa unha receita moi saudable e moi da nosa terra: filloas de verduras.

Os nenos opinaron que estaban deliciosas. Guiño 

Moitísimas grazas ás titoras e ás nais deste nivel e por suposto aos nosos nenos e nenas por compartir esta experiencia.....seguro que aprenderon un montón!!!

 

 

   DELICIOUS!!

And....so we have at last the first healthy recipe with the vegetables grown in our vegetable garden. Students from 3-years-old class made in colaboration with the families a very popular local recipe: vegetable pancakes. 

They said it was delicious!!

Thanks a million to the teachers and the families for sharing this great experience....they have learnt a lot for sure!! 

 

A ECOPATRULLA SEGUE TRABALLANDO!!!

Aqui temos a nosa Ecopatrulla que anda argallando algo para continuar co seu traballo de concienciación sobre a reciclaxe. É moi difícil levar este proxecto a cabo.....pero estamos comprometidos co medio ambiente e imos facer todo o posible para que este cole siga coidando do noso planeta.

 

OS NOSOS CULTIVOS VAN MEDRANDO

Coa chegada do bo tempo xa temos a nosa horta case a pleno rendemento. As clases de 2º A e B, 4º A e B, 5º C e 3 Anos A e B xa están a frotar as mans ao ver como van saíndo os grelos, as xudías, os guisantes, as cebolas,....e temos semilleiros noutras aulas que tamén pronto darán bo producto para poder degustar.

Os alumnos de 4º de EP plantaron sementes de chícharos en semilleiros nas aulas hai uns meses.....e cando chegou o momento adecuado foron trasplantados ao exterior.

 

 

 

XA VAN SAÍNDO....!!

Aínda que o mal tempo tíñanos un pouco preocupados, hoxe podemos dicir que xa temos que ir pensando en cómo imos integrar os grelos da clase de 3 Anos A e B ou as cebolas de 5º C nunha receita súper saudable.....seguro que as titoras xa teñen algo pensado......haberá que estar atentos!! Guiño

   

 

 

 

ACTUACIÓNS PARA A MELLORA

Os membros da Ecopatrulla reunímonos unha vez ao mes para reflexionar sobre o noso traballo e ver en que podemos mellorar. Na última reunión vimos a necesidade de recordar á nosa comunidade educativa a importancia de non botar, por exemplo, panos de man ao contedor de papel ou restos orgánicos no contedor do plástico.

Ocorréusenos unha actuación interesante para acadar este obxectivo.... facer un comunicado na radio escolar. Na web do cole, na sección da radio tedes o resultado.

Estamos moi contentos coa nosa labor e sabemos que contamos coa axuda de toda a comunidade escolar. Xuntos o conseguiremos!!!

 

   INTERVENTION FOR IMPROVEMENT

In its monthly meeting, the school ecological patrol concluded that it was important to remind the educational community the importance of its work. So, our volunteers decided to go to the school radio to remember basic things as, for example, that handkerchiefs do not go into the blue container or organic waste into the yellow one. They are convinced that we are going to succeed in this year mission.

 

 

COMEZAMOS A PLANTAR!!!

Os nenos e nenas da aula de tres anos son os primeiros en animarse a plantar. Este ano decidiron plantar sementes de grelos. O tempo non acompaña xa que chove moito e vai moito frío. Pero seguro que vai ir todo xenial e van recoller uns grelos fermosísimos máis adiante para preparar unha receita saudable no Restaurante de Lúa!!! Bo traballo e grazas, titoras e alumnos de 3 anos!!

 

         

 

  PLANTING THE FIRST VEGETABLE SEEDS... 

3-year-old students from Infant Education decided to plant some turnip tops seeds today. They are a bit worried because it is being quite rainy and cold these days. They expect they can collect them later on and prepare a very healthy recipe at Lua´s Restaurant!!  Well done!!! 

PASIÑO A PASIÑO...

 

Nesta ocasión, son os nenos e nenas de primeiro os que, co seu gran traballo, contribúen a que o proxecto da nosa horta siga adiante. 

 

 

 

  STEP BY STEP....

On this occasion First Grade students have contributed with their great work to our project. 

 

 

O SAMAÍN CHEGA Á NOSA HORTA TAMÉN!!

Nótase que xa non queda nada para a festa do SAMAÍN do cole....a nosa horta tamén se suma a esta celebración!! 

 

 

IT IS HALLOWEEN IN OUR GARDEN TOO!!

We are celebrating "Samaín" (A Galician celebration very similar to Halloween) in the following days.....and in our graden it is Halloween too!!

 

 

A NOSA HORTA XA VAI COLLENDO FORMA

O acondicionamento da horta deste ano está a levar moito tempo, pero seguimos traballando arreo para que pronto poidamos adicarnos a plantar. Continuamos coa reciclaxe de neumáticos e xa temos dous bancais. O invernadoiro estrea cuberta nova e só falta a división do interior.

                                                                

VENDIMANDO

Coa chegada do outono, os nenos e as nenas de Educación Infantil realizaron unha actividade moi da nosa terra: a vendima. 

Pasaron unha mañá moi divertida recollendo as uvas, facendo mosto....e polo camiño tamén recolectaron un froito típico desta época do ano, as castañas.

 

With the beginning of the harvest season in autumn, our students from Infant Education enjoyed a grape harvest activity.

They spent a very pleasant morning picking up grapes, making grape juice.....and in their way to the vineyard they collected another typical autumn fruit; chesnuts.

 

UNHA HORTA COLORIDA...

E seguimos dando pasiños no deseño e organización da horta. Este ano o deseño vai a cargo do equipo plurilingüe do centro para deixar a horta preciosa e moito máis adecuada para o seu mantemento de curso en curso. Esta semana tócalle aos nenos de terceiro, cuarto e sexto pintar a súa parte..... E nas fotos podedes ver como vai avanzando o proxecto... 

 

 

A COLOURFUL VEGETABLE GARDEN.

Following the model suggested by the plurilingual project group the students are working to have a more functional vegetable garden at school. This week, students from third, fourth and sixth grades worked really hard for the project ...as you can see in the pictures.

 

A ECOPATRULLA EN ACCION

A nosa ecopatrulla xa leva uns días a todo rendimento.... E están facendo un gran traballo!!! Pero van ter que voltar ás aulas e recordar aos nenos e nenas a importancia de prestar atención para non equivocarse á hora de botar os residuos no contedor correspondente.... 

 

  ECOPATROL IN ACTION

Our ecological patrol has been working hard for some days now and we can say they are doing it really good...although they say that it will be necessary to remember the educational community the importance of throwing their waste in the correct trash can.

 

  

 

A NOSA HORTA, PASIÑO A PASIÑO....

Sen presa pero sen pausa...os nenos e nenas de 3º A axudaron hoxe a colocar unha parte do pequeno cercado que delimitará a horta de Lúa. 

                                                         

 

OUR VEGETABLE GARDEN, STEP BY STEP...

Slowly but surely....students from third grade A helped today to fence one of our garden´s section.

 

PRESENTACIÓN ECOPATRULLA CURSO 2019-2020

A Ecopatrulla deste ano comezou hoxe coa presentación das súas funcións nas diferentes aulas do colexio. 

A verdade é que estaban moi emocionados e responsabilizados. Temos moita sorte porque sempre que se lles pide axuda aos nosos nenos e nenas para calquera tarefa do centro responden xenial.

Os alumnos das outras clases escoitaron en silencio e con gran atención, polo que imaxinamos que todos/as van facilitar enormemente a tarefa deste grupo de voluntarios/as.

O/as patrulleiros/as deste ano son:

De 6º A: Jorge, Gabriel, Gabriel L, Iago, Uxía, Alexandre e Anass.

De 6º B: Asun, Fátima, Daniela, Silvia, Lía, Brais.

De 6º C: Pablo, Kawan e Adam.

 

OUR ECOPATROL

Today our ecological patrol, the "ecopatrol", carried out a presentation activity to the students of the different classrooms. They introduced themselves, they told them about their responsibilities as volunteers and encouraged them to help with the waste management.

They were very excited and motivated with their new duty. We are very lucky because they react incredibly well to any task we ask them to participate in.

The rest of the students listened quietly and carefully, so we truly believe all the pupils will help this group of volunteers.

The ecopatrol volunteers are:

6th grade A: Jorge, Gabriel L., Iago, Uxía, Alexandre and Anass.

6th grade B: Asun, Fátima, Daniela, Silvia, Lía and Brais.

6th grade C: Pablo, Kawan and Adam.


Distribuir contido