novas

MONTAXE DOS ARMARIOS DA HORTA

MONTAXE DOS ARMARIOS DA HORTA

Antes de comezar coa plantación na horta, os alumnos de 6º Andrea, Carlota, Marcos L., Marcos C. e Carmen, xunto co seu titor Luis, estiveron montando os armarios nos que se gardará todo o material que temos para desenvolver este proxecto.

Entre pezas, portas, tornillos e instruccións case nos perdemos, pero ao final quedaron ben bonitos!

Moitas grazas pola vosa colaboración compis!

 

ESTADO ACTUAL DA HORTA DO COLE

ESTADO ACTUAL DA HORTA DO COLE

Por mor das obras do comerdor escolar que levan activas dende o principio do curso e tamén debido aos numerosos temporais que vimos sufrindo, a horta do cole atópase actualmente no estado que amosamos nas fotografías... PERO TRANQUILOS!! Porque imos deixala ben bonita.

Seguiremos informando!

 

BENVIDOS AO BLOGUE DE VOZ NATURA

BENVIDOS AO BLOGUE DE VOZ NATURA

Estade moi atentos porque nas vindeiras semanas iremos subindo información sobre as actividades que levaremos a cabo este curso escolar 2017/18 na horta do cole.

Distribuir contido