A HORTA EN PAUSA......??

Pensabades que a nosa horta ía quedar abandonada durante este tempo de cole na casa?

Pois non, polo menos unha parteGuiño

Levamos as plantas que puidemos para casa, as de "ALOE BEA" (bautizadas así porque a mestra Bea trouxo unhas plantiñas de aloe vera para incorporalas á nosa hortiña) e o noso QUERCUS "SAPIÑA" (Sapiña en honor á mestra que nos trouxo o esquexe alá polo mes de outubro) e as sementes que tiñamos pendentes de sementar.

Así que nas nosas casas.....tamén traballamos pola horta.

Queredes ver como vai a cousa??

 

 

Sementamos nos primeiros días de estancia na casa pementos, fresas, pepinos, lavanda, tomillo, tomate, esponxa natural......

Nalgúns casos xa saíron as primeiras plantiñas, outras tardan máis en sair.....unhas van en semilleiros no interior, outras en pequenas macetas ao aire, outras van nunha especie de invernadoiro....

Seguindo as instruccións de cada semente, témolas con máis ou menos luz, regámolas máis ou menos....porque xa sabedes que os coidados son distintos dependendo do que se sementa.

Estes días temos que trasplantar algunha xa a macetas máis grandes. Se estivésemos no cole trasplantaríamolas na horta nos bancais. Non é que teñamos todo o material axeitado aqui nas casas, pero seguro que cando voltemos ao cole teremos algo co que seguir traballando.

Nuns días veremos máis resultados. Esperemos que todo vaia ben e voltemos a traballar todos xuntos no noso cole. Ánimo!!! Xa queda menos!!