ACTUACIÓNS PARA A MELLORA

Os membros da Ecopatrulla reunímonos unha vez ao mes para reflexionar sobre o noso traballo e ver en que podemos mellorar. Na última reunión vimos a necesidade de recordar á nosa comunidade educativa a importancia de non botar, por exemplo, panos de man ao contedor de papel ou restos orgánicos no contedor do plástico.

Ocorréusenos unha actuación interesante para acadar este obxectivo.... facer un comunicado na radio escolar. Na web do cole, na sección da radio tedes o resultado.

Estamos moi contentos coa nosa labor e sabemos que contamos coa axuda de toda a comunidade escolar. Xuntos o conseguiremos!!!

 

   INTERVENTION FOR IMPROVEMENT

In its monthly meeting, the school ecological patrol concluded that it was important to remind the educational community the importance of its work. So, our volunteers decided to go to the school radio to remember basic things as, for example, that handkerchiefs do not go into the blue container or organic waste into the yellow one. They are convinced that we are going to succeed in this year mission.