novas

Fai Clic ao Teu Bocata

Fai clic ao teu bocata

 

Esta semana tivemos os talleres de "fai clic ao teu bocata" onde os nenos e nenas de todo o colexio puideron aprender moitas cousas sobre as conservas, a alimentación saudable e distintas receitas para as súas próximas merendas. Ademais pasaron un bo rato de xogos e degustaron un rico bocadillo con leituga, tomate, sardiñas e queixo. 

A Nosa Horta

XARDINEIRAS RECICLADAS

Curso 21-22

O alumnado de 2º tamén se sumou á  elaboración de xardineiras con materiais de refugallo ou que xa non empregamos. É inclible a creatividade que podemos desenrolar e a cantidade de cousas que podemos facer con obxectos que ían a parar aos vertedoiros. En 2ºA plantamos sementes de xirasois e  millo en recipientes decorados con animais, superheroes, etc... Aos que lle engadimos un poema de Florencio Delgado.

 

A Nosa Horta

 Sacamos malas herba ao  MILLO de 3ºA.

Curso 21-22

O MILLO que plantou a clase de 3ºA, xa está medrando. No mes de maio coidamos del, sacando as malas herbas que saen no medio.

A Nosa Horta

Recollemos Frambuesas da nosa horta.

No mes de maio, as nosas frambueseiras, comezaron a dar froito. Unhas ricas e exquisitas delicias que degustou o noso alumnado.

 

LIMPAMOS O PATIO

 

RECOLLIDA DE LIXO

CURSO 21-22

 

Encántanos ver como xurden iniciativas dos propios rapaces e rapazas. Os alumnos de 4º decidiron facer equipos de recollida no patio porque viron que había algo de lixo.

 Estas actividades espontáneas, que os mestres e mestras apoiamos e fomentamos, fannos moitísima ilusión.

Bo traballo equipo!!

 

 

XARDINEIRAS RECICLADAS

XARDINEIRAS RECICLADAS

Curso 21-22

Estamos a elaborar unhas xardineiras con materiais de refugallo ou que xa non empregamos. É inclible a creatividade que podemos desenrolar e a cantidade de cousas que podemos facer con obxectos que ían a parar aos vertedoiros.

Cada clase escolleu unha temática o os alumnos/as traen da casa obxectos relacionados co tema elexido nos que se poida por unha planta, semente... xa temos tres. 

"Os xoguetes florecen" dos nenos e nenas de 6ºEI (5 anos)

 

 

 

"O deporte é vida" da clase de 4ºC

 

 

"Imos de viaxe" da clase de 4ºA

A Nosa Horta

Ampliación de cultivos na horta.

Alumnado de 4º

A semana do 10 ao 12 de maio, o alumnado de 4º, aproveitou o bo tempo, para pasar as súas sementes á horta. Meses atrás este alumnado plantara en interior sementes de cabazas, esponxas, sandias, melóns,etc... que foron medrando cos seus bos coidados e agora precisaban ser plantadas en exterior.

Toca agora coidalas na horta, para que medren sandías, cabazas, etc.

A Nosa Horta

Novas Plantas aromáticas no bancal de 3º.

O pasado mércores 11 de maio, o alumnado de 3ºB levou a horta plantas aromáticas, para completar as que xa plantaran meses anteriores. Desta tanda levaron Cilantro, Herba Luisa, etc... Agora unha vez plantadas serán os encargados de regar e coidar para ter condimentos culinarios.

ARTE COA NATUREZA

ARTE COA NATUREZA

curso 21-22

 

Os nenos e nenas de 5 anos fixeron unha actividade moi chula. Partindo de anacos de viña, deixaron voar a súa imaxinación e crearon fantásticos persoaxes e obxectos. Primeiro debuxáronos nun papel a qué se lles parecía,  logo decoraron e pintaron os paus coa forma en que os imaxinaron.

Sairon verdadeiras obras de arte.

Noraboa!!

 

 

 

 

O noso patio

As árbores do patio ensinan os seus gomos e follas.

Coa chegada de mellores temperaturas, as  árbores que plantamos no patio no mes de xaneiro, comezaron a gomar, xa teñen follas e algún froito. Están ben fermosas cos coidados do alumnado do noso cole.

A nosa Horta

No mes de maio preparamos a horta con flores.

A comezos do mes de maio, o equipo de horta comezou a preparar a horta para o verán. Organizando cultivos ecolóxicos de fresas, espinacas, acelgas con flores de temporada.

Grazas equipo por facer que a horta, estea cada día máis fermosa.

O noso patio

Limpeza do patio

29 de abril de 2022.

O alumnado de 4º, levou a cabo unha limpeza de patio durante o recreo do día 29 de abril, para deixar o máis limpo posible o espacio de xogo e esparcemento.

Grazas por poñer en valor, os obxetivos da sostibilidade no día a día, do noso centro.

A nosa horta

 3ºA planta azalea no patio.

Polas millas realizadas durante o segundo trimestre, cada clase recibiu unha planta. 3ºA deciciu plantala no patio ao lado da súa cerdeira, para coidar das dúas xuntas. Con ilusión o alumnado preparou o terreo, plantaron, regaron e cada día acheganse a coidala.

 

A nosa Horta

Xirasois para coidar na casa.

O alumnado de 3ºA, despois de plantar na horta varios xirasois e millo, leváronse para casa xirasois para coidar e recoller pepitas.

A nosa horta

3ºA Planta Millo e Xirasois.

En abril de 2022, o alumnado de 3ºA decidiu plantar millo e xirasois, ao lado da plantación de trigo. Tiveron que preparar o terreo, facer os regos e plantar as sementes.

Distribuir contido