Visita ao Porto da Guarda
Ti es un bo peixe.
Alumnado de 2º de Educación Primaria.
O pasado xoves día 16 de marzo, o alumnado de 2º visitou o Porto da Guarda, dentro do Programa do Plan Proxecta: " Ti es un bo peixe".
O alumnado tivo oportunidade de visitar o porto pesqueiro, a onde chega o peixe que capturan os barcos. Despois as peixeiras, na Praza Municipal, explicáronlle os tipos de peixe e os seus prezos. Ao rematar no mercado, as redeiras ensináronlles como se fan as redes que os mariñeiros usan no mar.
Finalmente, para merendar tiveron un menú-degustación con produtos do mar.
Unha xornada estupenda onde aprendemos moitas cousas do mar.