Á volta do mes de Maio, tivemos una bonita sorpresa de Lúa, contándonos noticias de como segue a súa viaxe dando a volta ao mundo.
Coas nosas millas xa se atopa en China. Dende alí enviounos un agasallo que usamos para xogar no recreo: Pelotas !. Que ledicia!.
Agora xogamos coas pelotas, coa corda e a goma para poder pasalo ben durante ese ratiño de lecer. Agradecémolo moito sobre todo este ano que os recreos son tan diferentes aos de outros anos.