4.4. O Sentido do Olfacto.
A atención plena vai ter como obxectivo pararse na conciencia do que se cheira, de xeito presente é consciente, para vivir unha expericiencia única percibindo algo polo seu olor. Dende unha posición cómoda e tranquila temos que respirar e percibir este momento, polo nariz.
Aquí vos deixamos algunhas propostas para traballar atención plena, coa axuda do sentido do olfacto e que poidades relaxarvos e atender á respiración.
Nesta ocasión imos necesitar alimentos da merenda para cheirar, ou invitar ao alumnado que traia algo especial con perfume ou olor.