Onte día 21 de abril, Daniela de 6ºB, enviounos unvídeo fantástico, co quecemento, que vos pode servir para recordar como era e con un pouquiño de carreira que fai no patio da súa casa. Vos podedes facelo no lugar que atopedes máis axeitado na vosa casa. Con ela estabanpasando ben a súa irmá Yesica e o seu curmán. Coa axuda deles Daniela puido experimentar moitísimas letras do alfabeto como podedes comprobar vós mesmos. Gran traballo en equipo de Yesica, Danielao seu curmán e a familia de estes.
Así nos gusta, que practiquedes actividade física a diario, coa axuda de todos os da casa e que o pasedes ben xuntos. Moitas, moitas gracias a Daniela e a súa familia.