O pasado xoves día 16 de abril, Yago Pazo de 4ºB compartiu con nós a súa actividade física diaria. Fai no xardín da súa casa bádminton, baloncesto, pero coñecendo a Yago o que máis practica é fútbol, sabemos que lle encanta e que o pasa xenial practicándoo. Moi ben Yago, bo traballo.
Aquí vos deixamos as súa foto e o seu vídeo para que vos animedes a facer actividade física na casa, vós tamén.
Segue así Yago, eres un campión. Moitas grazas a Yago e a súa familia por compartir con nós os seus momentos deportivos.