Hoxe xoves día 2 de abril, Elia quixo compartir con nós a súa pelota ruidosa, feita con material de refugallo. Fabricouna con bolsas de plástico, un ovo onde veñen as sorpresas dos ovos Kinder e contas para facela soar. Con ela xoga con Manuel o seu irmá. Gran traballo e fantástica idea Elia. Sodes uns campións.
Aquí vos deixamos as súas fotos e o seu vídeo, para que vos animedes a fabricar os vosos propios materiais deportivos, para facer moita actividade física na vosa casa, tamén.
Moitas grazas a Elia e a súa familia por compartir todos estes fantásticos materiais con todos nós.