DEPORTE ESCOLAR.
Bádminton Curso 19-20
O vindeiro mércores 19 de febreiro terá lugar a Xornada Final da competición escolar de Bádminton, das categorías Benxamín (3º e 4º), alevín ( 5º e 6º) e Infantil (Repetidores de 6º), no Pavillón Municipal de Tomiño. A esta xornada asisten o alumnado clasificado nas xornadas anteriores, de non poder asistir a esta xornada, sería importante comunícalo a maior brevidade posible para darlle a posibilidade de asistir ao alumnado en reserva. O autobús sairá ás 16:00h do colexio. A volta será aproximadamente ás 20:00h.. Teredes que traer calzado para cambiar, equipación do colexio se tiverades e chandal do mesmo. Os nenos que vaiades a Tomiño directamente tedes que estar alí ás 16:30h. Se tedes algunha dúbida podedes chamar ao teléfono: 650602161.