Benvidos ao curso 19/20
O equipo de deporte escolar davos a benvida a tod@s ao curso deportivo 19/20. Esperamos que sexa un curso cheo de actividade física saudable, alimentación sa e mente feliz.
Por outra banda, queremos enviarlle un biquiño de despedida ás profes Andrea e Sara, ás que imos botar moito de menos. E queremos darlle a benvida á profe Raquel, nova no equipo, polo que esperamos que desfrute con nós: co profe Xosé, a profe Puri, a profe R.Bea, a profe Lore, a profe Patri e a Profe Bea en tódalas actividades deportivas e pasemos xunt@s un bo curso.
Desexamos que este curso sexa para toda a nosa Comunidade Educativa un ano cheo de " Promocións de hábitos de vida saudables e felices".