Ruta do río Lagartón.
11 de xuño de 2019
O día 11 de xuño tivo lugar unha ruta de sendeirismo que achegou ao noso alumnado á Ruta do Río Lagartón, próximo ao colexio. Levouse a cabo para o alumnado de 2º, en colaboración do centro coas familias, o Concello de Tui e outras entidades ás que temos que agradecer a súa colaboración desinteresada.
Grazas a tod@s por facer posible, que o alumnado de 2º disfrutara de esta actividade de vida saudable e feliz, nun entorno como é o Río Miño.