Final galega do equipo Alevín Masculino do Clube Baloncesto Tui
O pasado sábado 26 de maio o equipo Alevín Masculino do CB Tui, ao que pertencen tres alumnos de 5º do CEIP Nº 2 de Tui, Iago, Asier e Antón, xogaron a final galega na Estrada contra o Obradoiro.
A pesar de comezar gañando e chegar ao descanso empatados a 32 puntos, non lograron facerse coa vitoria, pero loitaron coma campións.
Noraboa rapaces!