CAMPIONATO EUROPEO PATINAXE ARTÍSTICA GRUPOS-SHOW E PRECISIÓN

CAMPIONATO EUROPEO PATINAXE ARTÍSTICA GRUPOS-SHOW E PRECISIÓN

Os pasados días 26, 27 e 28 de abril celebrouse en Lleida o Campionato europeo de grupos-show e precisión, no que os participantes españoles acadaron moi bos resultados.

Para comezar, na modalidade de Cuarteto, o clube Foment Cardoní colgouse o bronce co seu programa “final Round”, o que supón a súa primeira medalla continental.

Na modalidade de Grupos Show pequenos, o clube L´Aldea proclamouse subcampión co seu espectacular programa “Tame me”.

Na modalidade máis nova, Grupos-Show Xuvenís, o clube Reus deportiu alzouse por terceira vez nesta competición campión de europa co seu programa repleto de xogos de luces “Long-dong”.

 

Finalmente, o Clube CPA Olot, co seu programa “Whithout options” proclamouse por decimoterceira vez Campión de Europa de Grupos-Show Grandes.