Final Galega Escolar de Bádminton.
IES San Paio Tui (3º, 4º e 5º)
Curso 17-18
O pasado sábado día 14 de abril tivo lugar a Final Galega Escolar de Bádminton para alumnos de 3º,4º e 5º, clasificados na fase zonal de Bádminton, dita xornada tivo lugar no Pavillón do Ies San Paio de Tui. Foron 10 centros de toda Galicia os que participaron nesta xornada. O Ceip Nº2 de Tui participou con dous equipos e o Cep Pedro Caselles de Tomiño participou cun equipo, sendo os representantes da Agrupación Deportiva.
Na Clasificación final o Ceip Nº2 de Tui clasificouse terceiro e os seus xogadores tiveron medaia de bronce, sendo o Colexio Rosalía de Castro Segundo e Ourense Campión. Noraboa a todos os participates.
Tamén houbo sorteo de agasaios onde Lucas Sánchez de 5ºC foi un dos gañadores. Moitas grazas aos organizadores por esta gran xornada.