Equipo de Voluntarios do Ceip Nº2 de Tui, no V Triatlón de Tui.
O pasado sábado 27 de maio de 2017, tivo lugar en Tui o V Triatlón Concello de Porriño. Nesta modalidade deportiva os atletas tiveron que realizar, natación no Río Miño en Tui, carreira en bicicleta dende Tui ata Porriño e remataron con carreira a pé no Concello de Porriño.
Para que a proba se desenvolvese de un xeito adecuado, o Ceip Nº2 de Tui, colaborou na proba con un grupo de voluntarios formado por alumnos de 6º. Unha forma solidaria e importante de axudar e colaborar nas probas deportivas do noso concello, concienciándonos de que tan importante é a labor das persoas que participan como das persoas que forman parte da organización.
A nosa noraboa a este grupo de voluntarios, que coa axuda e ilusión, facilitaron o desenrolo do Triatlón.