DEPORTE ESCOLAR.
Bádminton Curso 15-16
Categoría Alevín ( 5º e 6º)
O Vindeiro martes día 19 de Xaneiro dará comezo a competición escolar de Bádminton, a 1ª xornada Alevín, terá lugar no Pavillón do Ceip Randufe para os/as alumnos/as de 5º e 6º. O horario dos partidos será de 17:00h a 19:30h. Para participar en dita xornada o prazo de inscripción rematará o vindeiro Xoves día 14 de Xaneiro. As próximas xornadas serán o martes día 2 de Febreiro e a xornada final o Mércores 24 de Febreiro.
O autobús sairá ás 16:15h do colexio. A volta será aproximadamente ás 19:45h.. Teredes que traer calzado para cambiar, equipación do colexio se tiverades e chandal do mesmo. Os nenos que vaiades a Randufe directamente tedes que estar alí ás 16:45h. Se tedes algunha dúbida podedes chamar ao teléfono: 650602161
Categoría Benxamín ( 3º e 4º)
O Vindeiro martes día 26 de Xaneiro dará comezo a competición escolar de Bádminton, a 1ª Xornada Benxamín e Infantil, terá lugar no Pavillón do Ceip Randufe para os/as alumnos/as de 3º,4º e repetidores de 6º. O horario dos partidos será de 17:00h a 19:30h. Para participar en dita xornada o prazo de inscripción rematará o vindeiro Xoves día 14 de Xaneiro. As próximas xornadas serán o martes día 16 de Febreiro e a Xornada final o Mércores 24 de Febreiro.