Carolina Marín, subcampeona na India tras unha final tremenda.
O pasado luns día 26 de Xaneiro, o Ceip Nº2 de Tui comezaba a semana cunha gran noticia que nos achegaban os nenos de 4º,5ºe 6º. Durante a fin de semana, estiveran seguindo en Teledeporte, bádminton. O Bádminto é a competición que estamos a levar a cabo no 2º Trimestre. E sorprendentemente, descubrimos que na tele, as veces, tamén se poden ver outros deportes que non sexan fútbol. Todos seguiron o partido de Carolina Marín.
A española, e campeona do Mundo de Bádminton, Carolina Marín quedou a un só punto de acadar ser campiona do Syed Modi India Masters ao cair derrotada en tres agónicos sets diante de Saina Nehwal por 21-19 23-25 16-21 en 80 minutos de xogo.
Carolina que gañou o primeiro set, tivo nas súas máns 2 puntos de partido para poder gañar o partido. Sen embargo, o triunfo final sería para Saian Nehwal.
Despois de acadar o Subcampeonato do Grand Prix Gold India, Carolina volta a Madrid, para seguir cos seus adestramentes, preparándose, para os vindeiros Campionatos de Europa por equipos mixtos, que terán lugar en Lovaina ( Bélxica) do 11-15 de Febreiro.
http://masdeporte.as.com/masdeporte/2015/01/25/polideportivo/1422185301_339668.html