Skip to Content

Monthly archive

A alumna do Ceip Nº2 de Tui Lucía Portela

A alumna do Ceip Nº2 de Tui Lucía Portela e atleta do Club Atletismo Tui-Thermalia, proclamouse o pasado sábado 23 de febreiro no concello lugués  de Guitiriz campiona Galega de Campo a Través.

Lucia unha atleta con gran proxección deportiva, proclamarase respectivamente campiona zonal no Rosal no pasado mes de Novembro, recentemente tamén foi campiona provincial na proba que tivo lugar en Chenlo Porriño. Aquí esta coas súas tres medallas: Campiona Zonal, Campiona Provincial e Campiona Galega, cos seus compañeiros e compañeiras de clase.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

1ª xornada Balonmán Grupo 1 en Tui Ceip Nº1 e Ceip Nº2 de Tui

O pasado mércores día 27 de Xaneiro deu comezo a 1ª xornada de Balonmán escolar.

O Ceip Nº2 de Tui participou con un equipo Prebenxamín, un equipo Benxamín e un equipo alevín xogando contra os nenos e nenas do Ceip Nº1 das escolas deportivas.

Foi unha tarde de minibalonmán donde todos o pasamos estupendamente.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


PROXECTO SOMBREIROS

ESTE PRIMEIRO TRIMESTRE ESTIVEMOS TRABALLANDO NO PROXECTO: “OS SOMBREIROS”

HABÍA UNHA VEZ UNHA PROFE MOI CHULI, QUE SE CHAMABA MELI.

UN DÍA CHEGOU Ó COLE CUN SOMBREIRO DE PALLA ¡SEMELLÁBASE A UN ESPANTALLO!

OS NEN@S COMEZARON A FACERSE UNHA MOREA DE PREGUNTAS, ¿QUEN É?,¿POR QUÉ LEVA SOMBREIRO? ¿ POR QUE É DE PALLA?

TODO ISTO, XEROU UN INTERESE ENTRE TOD@ E COMEZARON A BUSCAR RESPOSTAS:

NA REDE, NAS CASAS, PREGUNTANDO ÁS MESTRAS…

TODOS OS NEN@S DE INFANTIL COMEZARON  ASÍ A SUMERXIRSE NO MARABILLOSO MUNDO DOS SOMBREIROS COA COLABORACIÓN DAS MESTRAS E DAS FAMILIAS.

Ó LONGO DESTE TRIMESTRE FORON XURDINDO DIVERSAS E INTERESANTES ACTIVIDADES:

- TRABALLAMOS MATEMÁTICAS A TRAVÉS DOS SOMBREIROS

-COÑECIMOS OS NOMES DE DIVERSOS TIPOS DE SOMBREIROS

-APRENDIMOS POESÍAS MOI GRACIOSAS

-FIXEMOS SOMBREIROS CON DIVERSAS TÉCNICAS PLÁSTICAS

-DISFRAZÁMONOS

-TROUXERON DA CASA SOMBREIROS MOI CREATIVOS COS QUE FIXERON UNHA PRECIOSA EXPOSICIÓN

-ADORNAMOS AS NOSAS ÁRBORES DE NADAL CON SOMBREIROS.

 

PASÁMOLO FENOMENAL!

 

Ó FINAL, ESA PROFE TAN CHULI QUE SE CHAMABA MELI, MARCHOU CO SEU SOMBREIRO DE PALLA A DESCANSAR Á PRAIA E A DISFRUTAR DA SÚA XUBILACIÓN.

QUERÉMOSTE MOITO MELI! E ESPERAMOS QUE VEÑAS MÁIS POLO COLE!

SE QUEREDES VER MÁIS FOTOS PREMEDE ENRIBA DA FOTO

OS NENOS DE 2º CICLO APADRINAMOS UN NENO Á HORA DE LER.

 

 

Esta actividade realizouse durante dous días consecutivos. O primeiro día nós baixamos ás aulas de infantil. A cada clase de 2º ciclo lle correspondía unha de infantil e cada neno maior apadrinaba un pequerrecho, ao que lle limos un conto. Este conto o levabamos ben traballado, ás veces líamos e otras ensinábamos as imaxes. Gustounos moito a todos.

 

 

 

  

 

Ao seguinte día eles visitáronnos a nós , xa nos coñecíamos e recibímolos moi contentos.Estaban tan agradecidos das nosas leturas que ata nos prepararon moitos agasallos.

TUI O NOSO CONCELLO

Os nenos e nenas do Ceip Nº2 de Tui estivemos a traballar no tema de este curso " Tui o Noso Concello". Fixemos uns paneles nos que contamos o que investigamos de tódalas cousas fermosas que ten Tui: O Monte Aloia, a Catedral, O Río Miño, A Ponte Internacional, Os Muiños,etc. Na radio grabamos a nosa voz. Podedes ver o video no Blog ConCIENCIARTE

 

 

ENTROIDO

 

 

Co traballo realizado a través do Proxecto Arce no centro, este ano decidimos ir disfrazados das diferentes Comunidades Autónomas. Resultou moi divertido!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Sorry, flash is not available.



by Dr. Radut