Skip to Content

Monthly archive

Fotos Xornada Atletismo.

Aquí tedes algunas fotos da xornada de Atletismo que levamos a cabo os/as nenos/as de 4º na Amacoca o mércores 13 de Nov de 2013. Podedes atopar un video e máis fotos da xornada en www.agrudebam.es.

1º XORNADA DE VOLEI


Onte mércores 20 de Nov levouse a cabo a 1ª xornada de Volei no pav do Ceip Randufe. Participaron do noso cole 4 equipos prebenxamíns e 1 equipo alevín. Aquí vos deixamos unhas fotos para que vexades o ben que o pasamos cos nenos dos outros colexios. Tamén podedes ver os videos da xornada en www.agrudebam.es

BALONCESTO

Os alumnos Artur, Diego e Santi do noso cole,forman parte do equipo Benxamín do equipo C.B. Tui. Estas pequenas promesas do baloncesto xogan cada fin de semana, moitos partidos do seu deporte favorito. Desexamoslles sorte na liga.

II Gala do Deporte Tudense

 

 

    O CEIP Plurilingüe Nº2 de Tui aproveita para felicitar ás persoas e entidades galardoadas  na gala do deporte de Tui, en especial a aquelas vinculadas ao centro educativo.

 

    O día 29 de novembro celebrouse a II Gala do Deporte en Tui, na que a nosa Agrupación recibiu un recoñecemento con MENCIÓN ESPECIAL A OUTRAS ENTIDADES.

    Estamos encantados con este galardón, que valora o traballo dende hai anos de todos os que formamos parte deste grupo,  a base de ilusión, entusiasmo e tempo roubado ás nosas vidas privada.


    Que exista un calendario de actividades deportivas tan extenso como  o noso - un dos máis amplos e mellor xestionados das Agrupacións Deportivas de Galicia- é soamente grazas ao esforzo da nosa xente, á colaboración dos concellos e entidades locais e, sobre todo, ao entusiasmo  dos escolares por participar no campo a través, voleibol, bádminton, tenis de mesa, duatlon, biatlon, atletismo divertido, dinamizacións en horario escolar... e no que se lles ofreza.
Moitas Grazas! 

 

Así mesmo foron galardoados nesta gala os antigos alumnos do Colexio:

 

Iván Alonso. MELLOR DEPORTISTA MASCULINO

Ana Rodríguez. MENCIÓN ESPECIAL Á CARREIRA DEPORTIVA.

Uxía Pérez.MELLOR DEPORTISTA PROMESA FEMININA.

 

Noraboa!

 

 

 

 II Gala do Deporte Tudense

 

   O pasado Venres día 29 de novembro, celebrouse no Teatro Municipal de Tui a segunda edición da Gala do Deporte Tudense, acto no que se recoñeceu aos deportistas e entidades deportivas máis destacadas do presente ano.
  Nesta segunda edición, o xurado encargado de decidir os galardoados estivo integrado por Nicolás Lorenzo, concelleiro de deportes de Tui; Rosendo Bugarín, médico e deportista tudense, colaborador con varios clubs e probas deportivas no noso concello, director de procesos sen ingreso e urxencias da área sanitaria de Lugo-Cervo-Monforte, membro do Comité Autonómico de Ética da investigación clínica e vocal da xunta directiva do Colexio Oficial de Médicos da Coruña; Enrique Míguez, padeeiro e medallista olímpico; Eduardo Sousa, xerente deportivo, que foi presidente e adestrador do Club Kayak Tudense, árbitro de baloncesto da primeira división nacional, e comentarista deportivo en diferentes medios de comunicación; e Justi Peixoto, director do programa deportivo "Escoita Deporte" da RMT.
   Nesta segunda gala, amais dos premios aos mellores deportistas tudenses do 2013, houbo tamén un recoñecemento honorífico a diferentes persoas que traballaron durante moitos anos en pro do deporte tudense.
   Para o concelleiro de deportes de Tui, Nicolás Lorenzo, con este evento ponse o broche final a un ano excelente no ámbito deportivo por importantes galardóns para os deportistas tudenses, froito do seu esforzo e dun amplo tecido asociativo que garante este alto nivel no deporte tudense.
 
  A gala contou coa actuación de tres grupos deportivos, que xunto aos vídeos dos premiados e o homenaxe a distintas persoas que traballaron en pro do deporte tudense durante moitos anos, conformaron un acto sinxelo e emotivo.

PREMIOS DE HONRA 2013:
- Juan Carlos Solla Fernández
- Segundo González González
- Juan José Ricón Soliño
- Julio Sousa Pérez
- J. Manuel Quintana Álvarez
- Juan Ramón Alonso Solleiro
- José Martínez Tato
- José Prada Álvarez
AGRUDEBAM - Agrupación Deportiva do Baixo Miño
MELLOR FIRMA COMERCIAL OU ENTIDADE COLABORADORA - Thermalia Tui
MELLOR CLUBE OU ENTIDADE NO FOMENTO DO DEPORTE BASE - Club Baloncesto Tui
MELLOR DEPORTISTA PROMESA MASCULINO - Luís Fernández
MELLOR DEPORTISTA PROMESA FEMININA - Uxía Pérez
MELLOR CLUBE OU ENTIDADE DEPORTIVA - Clube Balonmán Tui
MELLOR ADESTRADOR - Manuel Pedrares do Kayak Tudense
MENCIÓN ESPECIAL Á CARREIRA DEPORTIVA - Ana Rodríguez
MELLOR DEPORTISTA FEMININA - Leticia Fernández
MELLOR DEPORTISTA MASCULINO - Iván Alonso Lage

Noraboa a todos!

https://plus.google.com/photos/109772694427697704633/albums/5951840719886846433?banner=pwa

 

1ª Xornada de Volei en Randufe

    O pasado mércores 20 de Novembro  tivo lugar a 1ª Xornada de volei no pavillón de Randufe. O noso cole participou con 4 equipos benxamíns e 1 alevín, aquí vos deixamos algunhas fotos e o enlace a moitas máis.

www.agrudebam.es

 

 

 

2ª Xornada de Volei

    O pasado mércores, día 4 de decembro, tivo lugar a 2 xornada de volei, como podedes ver nas fotos. Os nenos/as do CEIP Nº2 de Tui gañamos moitos partidos e agora preparámonos para a última xornada con moita ilusión.

 

 

Deporte en Familia

 

Proposta para este Trimestre

Parada de Sil ( Ourense)

Propoñemos este trimestre unha actividade deportiva en familia,  Parada de Sil ( Ourense). Descobre as paisaxes no corazón da Ribeira Sacra en Ourense, onde prácticar en familia: Sendeirismo, BTT, Canoa…

        Esta Ruta de lugares de interese proponche nove enclaves onde sentir a paisaxe, a cultura e a historia desta terra. Recorda que todos eles pertencen aos habitantes de Parada de Sil.

      Deixámosvos unhas fotos e información dos roteiros que podedes visitar e disfrutar. Tamén vos deixamos un enlace de interese ao Concello de Parada de Sil, donde podedes atopar toda a información para a vosa viaxe en familia. http://www.paradadesil.es/

 

 

 

 



by Dr. Radut