Skip to Content

Monthly archive

O Libro Aventureiro vaise para Ortigueira

   

 

MOITAS GRACIAS Á FAMILIA  CASTAÑEDA POR PARTICIPAR NA NOSA ACTIVIDADE DOS LIBROS AVENTUREIROS!!!

Este é o voso agasallo por participar. Noraboa á famila Castañeda e sobre todo a  Aroa Miranda Castañeda.

 

 

O curso pasado propuxemos unha actividade dende o equipo de Normalización  e Dinamización lingüística,  liberamos un libro por aula que  fómos deixando en diferentes lugares, parques, cafeterías, no super… as familias que os atopasen, invitávamolas a facer un traballiño sobre o libro en calquera soporte e con calquera técnica plástica, logo, o libro deixaríano noutro lugar no que o poidese atopar outro nen@.

Unha familia de Ortigueira  atopou un dos nosos libros en Lugo  e animáronse a participar.

Aquí  tedes o seu traballo, un colage sobre o libro “ Adios Ríos Adios Fontes”.

 

 

 

Dende aquí queremos agradecer á familia Castañeda a súa colaboración e sabemos que pasaron un bo ratiño en familia na súa elaboración.

Adiós ríos adiós fontes

VISITA Ó CONCELLO DE TUI

VISITA AO CONCELLO

 

Os nenos e nenas do 2º ciclo visitamos o Concello de Tui.

 
 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Saímos do centro a primeira hora, acompañáronnos os nosos mestres e mestras.

       
 
 

 

 

 

 

 

 Alí a Concelleira de Educación levounos ata a Sala de Plenos onde nos esperaban o Alcalde  máis o Concelleiro de Deportes. O Alcalde explicounos  cal era o seu traballo e contestou a tódalas preguntas que lle fixemos.

 

 

       
 
 

 

 

 Para rematar agasallounos cun pano co emblema de Tui. Púxonolo persoalmente e asinou nos libriños que levabamos para tomar notas.

 

           
 
     

   

Visitamos algunhas estancias do Concello e voltamos ao noso colexio.

Imos repetir estas saídas para coñecer outras institucións de Tui.

ELABORANDO O PROGRAMA DAS LETRAS GALEGAS

O equipo de son xa ten preparadas as cancións e os redactores debaten sobre as noticias a engadir.

Recordámosvos que temos o  buzón da Radio a vosa disposición para calquera suxerencia.

FÚTBOL SALA

 

O pasado martes 30 de Abril o Ceip Nº2 de Tui xogou a coas Escolas Deportivas de Salceda a Competición de Futbol-sala. As categorías que xogaron foron: Benxamín mixto, alevín feminino, alevín masculino e infantil masculino. Pasamolo xenial!!

 

   

 

 

 

 

 

A pasada  semana, o venres día 22 de Marzo tivo lugar no Pavillón do centro cultural  de Areas o encontro entre o equipo do Centro Cultural  de Areas e o Ceip Nº2 de Tui. O horario dos partidos foi o seguinte: 17:30h. Alevín ( alumnos de 5º e 6º) . Gañando o Ceip Nº2 de Tui 7-4

 

A pasada  semana, o martes día 9 de Abril tivo lugar no Pavillón Novo de Tui o encontro entre o equipo do Centro Cultural  de Areas e o Ceip Nº2 de Tui. O horario dos partidos foi o seguinte: 17:30h. Alevín ( alumnos de 5º e 6º) . Gañando o Centro cultural de Areas de Tui 8-2

 

BÁDMINTON

 

 

Durante a 2ª evaluación levouse a cabo a competición escolar de Bádminton no Ceip de Randufe, donde participamos cos coles Ceip Nº1 de tui, Ceip Randufe, Ies Indalecio Perez Tizon e Colexio Sta Mª Maristas.

 

   

 

 

 

 

TENIS DE MESA

 

Os mércores días 17, 24 de abril e 8 de Maio tivo lugar a competición escolar de Tenis de Mesa no pavillón de Sobrada, na que participaron os nenos e nenas do Ceip Nº2 de Tui, nas categorías benxamín e alevín como podedes ver nestas fotos.

 

   

 

 

TRABALLO NA RADIO

 

Xa comezou a traballar o segundo equipo da radio formado por :

-Naím, Carolina, Catalín e Ainhoa de 5ºB

-Brian, Diego, Alex e Ruth de 6ºB

Clara e Lorena de 6º C.

 

Dámoslle as gracias ao primeiro grupo que nos acompañou dende comezos de curso, integrado por:

-Cristian, Saúl, Carla  e Lucas de 5ºA

-Pablo, Alba, Blanca e Gabriel de 6ºA

- Israel e Claudia de 6ºC.

Os programas foron elaborados íntegramente por eles, tanto os guións coma as gravacións.

Un traballo excelente rapac@s!!!!

 

 

 

 



by Dr. Radut