Varios centros das provincias de Pontevedra e de Ourense ( entre os que nos atopamos o CEIP Xuvencos de Boborás) así como clínicas veterinarias e diversas entidades , colaboramos nunha dinámica intercentros de concienciación contra o maltrato animal.
(Texto elaborado pola profe M Luz, titora de 1º de ED. Primaria)
Dentro do programa LECTURA E FAMILIAS ao que nos incorporamos este curso e partindo de propostas de diversas familias (especialmente as pertencentes ao Club de Lectura de Familias e profesorado) organizamos unha segunda charla informativa impartida pola experta na materia Iria Veiga (médica psiquiátra no CHUS e divulgadora científica).
Desta volta, e directamente relacionado co noso PDI de centro deste curso "XUVE SAUDABLE" a charla informativa tratará a importancia dos hábitos saudables e a saúde mental.
Contou coa colaboración de 10 alumnos e alumnas voluntarias de 3º ciclo de ED. Primaria para desenvolver esta representación interactiva ( na que coa axuda do público) mediante preguntas sobre as situacións plantexadas foron resolvendo as mesmas.
Foi unha actividade moi interesante, que nos fixo ver e reflexionar sobre os distintos tipos de "bullying" que podemos atopar no contexto escolar.
Buscando entre todos e todas atopar as solucións e parar a pensar no que sinten os demais. Promovendo un ambiente escolar máis seguro e respectuoso.
O pasado venres día 22 e para facer unha conmemoración conxunta dos días da Árbore, da Auga e da Poesía desenvolvimos 2 actividades:
En primeiro lugar, o profesorado especialista preparou experimentos nos que a protagonista principal era a AUGA, e os distintos grupos fomos rotando polos mesmos, a modo de "estacións".
Foi unha actividade moi interesante para o alumnado, que desfrutou e ao mesmo tempo aprendeu sobre as cualidades da auga.
Queda aquí un pequeno vídeo cunhas poucas fotos do momento:
Ao finalizar esta actividade, dirixímonos ao noso patio e démoslle unha aperta as árbores do noso cole.
Así baixo o lema "abraza unha árbore" sentimos o contacto coas mesmas e pasamos un rato divertido.
Por último e isto xa a nivel aula, traballamos os CALIGRAMAS e elaboramos caligramas con formas naturais ( árbores, elementos da natureza) xa fose de xeito individual ou en equipo.
Por último engadir, que o xoves día 21 o alumando do 3º ciclo achegouse á Insua dos Poetas para participar con outros centros na celebración conxunta dos días da Árbore, Auga e Poesía. (Se premedes no enlace levaravos a información máis completa sobre o evento)
A nivel de centro imos distribuir as actividades arredor desta data en 2 días.
Mañá día 4 a actividade irá dirixida ao alumnado de ED. Infantil e 1º ciclo de ED. Primaria.
Sandra, a nai de Iria, da clase de 5º vai representar 2 contos relacionados coa diversidade e a discapacidade, ademais dunha serie de actividades de concienciación mediante o conto e a actividade lúdica.
Moitísimas grazas a Sandra por colaborar con nós.
O martes dia 5 , unha pequena representación de ASPADISI visitará o noso centro , para desenvolver unha actividade para o 2º e 3º ciclo de ED. Primaria e tamén unha actividade de xogo na hora do recreo para todo o alumnado do centro.
Por outra banda, queremos agradecer novamente a Sandra, que locutou e dobrou ao galego, un vídeo da "Seño Mica" ( co permiso da autora) sobre a diversidade : DIFERENTES.
Queremos agradecer tamén ao profe Javi xa que foi o que editou e gravou con Sandra en Radio Xuve a dobraxe do vídeo, que vos deixamos a continuación:
Dende o equipo de biblioteca fíxose unha proposta ao profesorado "especialista" que cada un deles preparase un experimento no que a AUGA fose a protagonista para conmemorar o DÍA INTERNACIONAL DA AUGA.
É fundamental concienciarnos da importancia que ten a auga nas nosas vidas ( ODS) e especialmente o número 6: promesa de que todos e todas terían auga e saneamentos xestionados de forma segura para 2030 ( Axenda 2030)
Para conmemorar esta data, dun xeito lúdico os 7 grupos de alumnado pasaron, acompañados polos seus titores e titoras, polos 7 experimentos propostos polos "especialistas" do centro.
Moitas grazas a todos e todas polo esforzo e o traballo.
Resultou unha xornada moi ilustrativa e interesante.