Skip to Content

                              

Letras Galegas

LETRAS GALEGAS 2022

RICARDO CARVALHO CALERO

Vídeo realizado cos debuxos do alumnado do CEIP NOSA SEÑORA DE XUVENCOS, coa canción "Teu nome por mar e terra" cantada por Guadi Galego e Xavier Díaz.

O equipo de Dinamización Lingüística do centro agradece a todas as familias a súa colaboración para poder realizar este vídeo en torno a Carvalho Calero.

Día das Letras Galegas 2013

Durante a semana das Letras Galegas realizamos varias actividades destinadas a pescudar sobre a vida e obra de Roberto Vidal Bolaño, entre as que destacamos:

  • Compilación dos recursos educativos que fixeron os centros educativosde Galiza.
  • Realización das undidade didácticas que elaboraron os membros do Seminario Galán en todos os ciclos.
  • Realización dunha webquest co fin de elaborar un gran cartaz sobre RVB.
  • Realización da pescuda elaborada polo CEIP Condesa de Fenosa do Barco.
  • Entrega dos premios aos mellores cartacez sobre a defensa e fomento do galego.
  • Reparto dos marcapáxinas gañadores do concurso que convocou a CENDL da comarca do Carballiño.
  • Visita á exposición dos cartaces elaborados polo CEIP de Rianxo.
  • Ampliación da exposición permanente dos cartaces premiados no concurso de cartaces para defensa e fomento do galego.

 

 

Concurso de cartaces e marcapáxinas

Este ano participamos na V edición do concurso de cartaces en defensa e fomento do emprego do Galego que convocou a CENDL da comarca do Carballiño.

O nivel dos traballos foi moi alto, e resultou moi difícil a elección dos mellores traballos.

Os centros participantes foron os seguintes: CPI de Maside; CPI Virxe da Saleta de Cea; CEIP Virxe da Pena da Sela do Irixo; IES Chamoso Lamas; CEI de Dacón; e CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás.

No noso cole foron premiados os traballos de:

  • Alejandro de Educación Infantil.
  • María e Laura de 2º Ciclo de Ed. Primaria
  • Sara e Paula 3º Ciclo de Ed. primaria.

A relación dos traballos gañadores podédela descargar aquí:

Cartaces de Ed. Infantil e Ed Primaria.

Marcapáxinas de ESO e Bacherelato.

EDUCACIÓN INFANTIL:

 
CPR Sagrado Corazón CEIP Virxe Pena da Sela do Irixo
   
CPI de Maside CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás
CPI Virxe da Saleta de Cea

2013 Roberto Vidal Bolaño

O Día das Letras Galegas do ano 2013 está adicado a Roberto Vidal Bolaño.

"Roberto Vidal Bolaño é un dos promotores do teatro profesional en Galicia. Foi un activo defensor da normalización lingüística na escena galega. Integrante do Grupo Abrente, participou na fundación de varios grupos de teatro, participando neles como autor, director, actor, escenógrafo... sendo recoñecido o seu labor con numerosos premios literarios". 

Texto elaborado polo Seminario Galán

 

 

Premios Antón Losada

 

Entrega do libro á filla de Antón Losada, Mercedes

O día 9 de maio participamos na entrega dos Premios Antón Losada que este ano recaeron en dous escritores de recoñecido prestixio: Agustín Fdez Paz pola obra "Non hai noite tan longa" e Xesús Alonso Montero pola biografía de "Aníbal Otero"

O alumnado do noso centro fixo entrega dun libro/caderno á filla de Antón Losada que elaboramos cos mellores traballos realizados por eles ao longo do terceiro trimestre, dentro do proxecto documental sobre a vida e obra de Antón Losada Diéguez, que coordinou o equipo de biblioteca e o EDL do colexio.

No acto, ademais dos premiados, estiveron presentes os Alcaldes de Boborás e o Carballiño, acompañados dos Concelleiros de Cultura. Asemade, presidiu a entrega de premios o Conselleiro de Educación e Cultura da Xunta de Galiza.

Foi un acto moi importante para nós, xa que non hai nada máis confortable que dous ilustres escritores, e o mesmo Conselleiro de educación, te feliciten polo traballo realizado.

Desde aquí, queremos dar os nosos parabéns aos escritores premiados, sen esquecernos dos organizadores do evento, especialmente da Tenente Alcalde, pola súa implicación neste acto en prol da cultura galega.

 

Extracto do libro entregado:

2012: Valentín Paz Andrade

Este ano o día das Letras Galegas está adicado a Valentín Paz Andrade .

 "Valentín Paz Andrade distinguiuse dende moi novo como xornalista, dirixindo durante cinco anos o xornal Galicia e colaborando en diferentes medios de prensa galegos e madrileños. Ten destacado tamén no campo xurídico relacionado co mundo da pesca, sendo autor de varios libros sobre esta materia. Deuse a coñecer como poeta con Pranto Matricial, adicado a Castelao. Posteriormente publicou Sementeira do Vento e Cen Chaves de sombra. ."

Seminario Galán.org

Aquí irei colocando as ligazóns que nos resulten útiles para coñecer un poco máis a vida e obra de Valentín Paz Andrade:

2011: Lois Pereiro

Este ano o día das Letras Galegas está adicado a Lois Pereiro.

"Lois Pereiro, nado en Monforte de Lemos en febreiro de 1958, está considerado un mito da poesía galega contemporánea. Formou parte do denominado Grupo de Amor e Desamor, un conxunto de dez poetas da talla de Pilar Pallarés, Lino Braxe, Manuel Rivas, Mato Fondo, Xavier Seoane, Fenán-Vello... A súa obra fai del un autor de culto e representa a renovación e o achegamento aos lectores máis novos."

Seminario Galán.org

Aquí irei colocando as ligazóns que nos resulten útiles para coñecer un poco máis a vida e obra de Uxío Novoneyra:

2009: Ramón Piñeiro

Este ano o día das Letras Galegas está adicado a Ramón Piñeiro.  Naceu en Láncara, provincia de Lugo, no ano 1915 e finou en Santiago de Compostela no ano 1990.

Compaxinou a faceta de intelectual coa de político galeguista, sendo unha das figuras históricas do galeguismo durante o século XX.

A súa obra non é extensa e trata sobre temas filosóficos e lingüísticos relacionados coa normalización do galego .

Participou na fundación das editoriais Galaxia e Grial, e na posta en marcha da revista Mocidade Galeguista.

Aquí iremos colocando as ligazóns que nos resulten útiles para coñecer un poco máis a vida e obra de Ramón Piñeiro:

   

2010: Uxío Novoneyra

Este ano o día das Letras Galegas está adicado a Uxío Novoneyra .

 "Poeta do Courel, é a representación máis xenuína da denominada Segunda Xeración de Posguerra, que agrupou, na década dos cincuenta, a autores de significada tendencia galeguista. A súa poesía foi evolucionando ao longo do tempo enmarcándose, parte dela, na denominada “poesía da terra”, sendo o seu ciclo de poemas coureláns auténticos documentos dun gran valor cultural e antropolóxico."

Seminario Galán.org

Aquí irei colocando as ligazóns que nos resulten útiles para coñecer un poco máis a vida e obra de Uxío Novoneyra:

Distribuir contido


by Dr. Radut