Este ano celebramos a festa dos maios ao noso "xeito"
Por unha banda o alumnado de 6º de ED. Primaria, axudados pola súa titora Patricia elaboraron unhas coplas sobre si mesmos, e tamén o fixeron co alumnado da clase de 4º e 5º de ED. Infantil.
Pero ademais fixemos unha actividade conxunta, onde lle explicaron aos pequechos e pequechas as plantas e flores máis importantes dos maios ( así falamos dos "pampillos" e tamén dos "estralos ou estralotes" dependendo da zona teñen distintos nomes) despois elaboraron unha coroa con "pampillos" por parellas para o alumnado máis pequeno.
Foi unha experiencia interesantísima e divertida na que a creatividade e o bo facer estiveron presentes.
Esta actividade tamén se desenvolveu co alumnado de 3º de ED. Primaria.
Así a profe Patricia marcou como obxectivos principais:
-Dar a coñecer a festa dos maios.
-Achegarse á lírica popular sendo creadoras de coplas onde somos as protagonistas.
-Fomentar os vínculos e a axuda mutua entre o alumnado de 3º ciclo EP e EI
-Mellorar a convivencia do centro a través das artes e da natureza.
Aquí vos quedan unhas poucas fotos da actividade de elaboración das coroas, e na que se compartiron as coplas.
Engadimos como arquivos adxuntos as coplas elaboradas para a ocasión.
Co gallo da celebración do magosto no centro, o alumnado de 3º de ED. Primaria decidiu facer unha narración dun conto tradicional para a nosa RADIO XUVE, a partir da adaptación do conto "A castaña que rebentou da risa" dando renda solta ao seu maxín .