Skip to Content

                              

RADIO XUVE

A clase de 6º de ED. Infantil en Radio Xuve

Este trimestre o alumnado da clase de 5 anos estivo investigando moito para aprender cousas sobre o Universo: o noso planeta, o sistema solar, a vía láctea, os satélites ( artificiais e naturais) , as estrelas, as constelacións, viaxes espaciais: o primeiro animal, o primeiro home e a primeira muller que foron ao espazo... e un montón de cousas máis.

Como culminación a ese proxecto, hoxe foron a Radio Xuve a falar do que máis lles gustou de todo  o que aprenderon.

A verdade é que o fixeron xenial, aínda que os nervios fixeron acto de presenza.

Queremos darlle as grazas ao profe Javi, que estivo con nós, axudounos e guiounos no proceso. Ademais de facer a montaxe final .

Aquí tedes unha foto de toda a clase , aínda que para facer a gravación fomos en pequenos grupos.

 

E aquí vos queda o resultado:

 

 

"PA QUE TE" CAPÍTULO 2

O alumnado de 4º de ED. Primaria ten, un programa titulado "PA QUE TE" no que abordan curiosidades dos temas que van traballando ao longo do curso.

Neste segundo programa a temática é a dos animais e quixeron expoñer  caracterísitcas e curiosidades que lles chamaron a atención dos animais.

 

Acó vos deixamos o capítulo 2 desta saga, agardamos que vos guste!!!! 

 

PRODUCTO FINAL :OBRADOIRO DE RADIO CON IAGO GORDILLO( 5º e 6º)

Presentámosvos os productos finais, os programas de radio elaborados polo alumnado de quinto e de sexto de ED. Primaria durante as 3 sesións de traballo con Iago Gordillo.

 

Agardamos que os desfrutedes, e parabéns por un traballo tan bo.

 

 

 

 

 

 

OBRADOIRO DE RADIO CON IAGO GORDILLO

O martes tivo lugar a terceira e última parte do Obradoiro de Radio con Iago Gordillo.

Desta volta cada aula tivo unha sesión telemática individual para falar da súa creación, do seu programa de radio.

Escoitárono, con moitísima atención, e falaron de como corrixir erros comúns, subir ou baixar as voces, as sintonías e depurar pequenos detalles para facer que a súa creación tivese unha mellor calidade.

Moitas grazas novamente a Iago, porque foi un obradoiro interesante, moi ilustrativo, no que aprenderon moito, implicáronse e desfrutaron.

 

 

 

 

SESIÓN NA CLASE DE QUINTO: 

 

 

 

 

SESIÓN NA CLASE DE SEXTO: 

 

 

 

 

 

RIMAS DE ENTROIDO

Cada unha das aulas preparou un "pareado" ou "rima", hai quen tamén lle chama "coplas" para celebrar o noso entroido. 

 

Cada unha das aulas pasou por "Radio Xuve" para facer a gravación das súas creacións, e aquí tedes o resultado final. Grazas ao profe Rubén pola montaxe do mesmo:

(A canción que se escoita é dos "Amigos dos Músicos", titulada " Non pare a festa" )

 

 

OBRADOIRO DE RADIO CON IAGO GORDILLO

O pasado martes comezamos a formación en radio deste curso, impartida por Iago Gordillo, creador de contido en galego. Con unha videoconferencia  na que nos explicou as bases teóricas,  dun xeito moi lúdico  e fixo unha proposta para o alumnado: guionizar o seu propio programa de radio para hoxe, levalo á práctica.

 

Foi un pracer contar con Iago no centro, e foi unha actividade moi completa e interesante para o noso alumnado .

 

Hoxe puxeron en práctica os guións elaborados durante a semana ( como tarefa proposta na primeira sesión), deulles unhas nocións básicas de como "locutar" correctamente.

Despois veu a parte máis técnica de probar o funcionamento dos micros e un pouco de "linguaxe xestual" para comunicarse na radio.

Tamén fixeron uns "mini anuncios", e "recomendacións"

Xuntaron todo o que fixeron en "pequeno grupo" para así dar lugar a un programa de radio ( un por cada aula) como resultado de todo o proceso... que verá a luz o próximo  martes na derradeira sesión formativa deste obradoiro de radio tan completo!!

Moitas grazas a Iago, pola súa colaboración.

E aquí vos quedan unhas poucas fotos do momento das gravacións, e un pequeno vídeo do alumnado de quinto en acción.

 

Obradoiro de Radio con Iago Gordillo

 

Onte tivemos a primeira sesión de formación en Radio, con Iago Gordillo.  Creador de contido, en galego (en diversas redes)   e experto na materia radiofónica. 

 

Esta sesión desenvolveuse de xeito "telemático" para o alumnado de quinto e sexto de ED. Primaria.

 

 

Durante a videoconferencia tratou diversos temas que espertaron o interese e curiosidade do noso alumnado, primeiro introduciunos na historia da radio, e os tipos de radio que se poden atopar. 

 

Poñendo exemplos das distintas temáticas que podería ter un programa de radio, explicando a diferenza entre este e  un podcast .

 

 

 Para rematar facendo un repaso dos distintos formatos existentes e as características de cada un deles.

Todo dende unha óptica dinámica e divertida  que enganchou ao noso alumnado.

 

E por último.. unha rolda de preguntas, porque o noso alumnado é ben curioso!!

 

 

 

 

Foi unha experiencia moi interesante e amena, que captou a atencióin do noso alumnado

Agardan impacientes a vindeira sesión, para poñer en práctica o aprendido,  desta volta en "modo presencial". 

 

 

OBRADOIRO DE RADIO CON CHARO PITA

O 9 de decembro tivemos o pracer de ter no centro a Charo Pita, que realizou  co alumnado de 5º e 6º de ED. Primaria un obradoiro de narración oral.

 

Adxuntamos un documento PDF ( premede no adxunto) que resume  as sensacións e o traballo realizado neste obradoiro, acompañado dalgunhas fotos tamén.

Redación: Carmela Hernández
Fotos: Asun Nogueira e Carmela Hernández
Montaxe: Carolina Moura e Leonisa Vázquez

 

DÍA DAS BIBLIOTECAS DENDE RADIO XUVE: A BIBLIOTECA TEN A PALABRA

A terceira actividade que se propuxo para conmemorar o DÍA DAS BIBLIOTECAS  (e tendo en conta que o lema deste ano é A BIBLIOTECA TEN A PALABRA) foi para o alumnado de 6º de ED. Primaria, que xunto coa súa titora colleron a nosa proposta e transformárona en 3 "clips" de radio no que nos contan o que lles gusta da nosa B.E, curiosidades sobre as bibliotecas e mesmo nos explican os distintos libros que podemos atopar.

 

Fixeron 3 equipos de traballo, organizáronse,  guionizaron, e este foi o magnífico resultado.

 

 

 

 

Moitas grazas á clase de 6º e á súa titora!!!

 

 

 

 

 

 

 

O UNIVERSO EN 6º DE ED. INFANTIL

O pasado trimestre o alumnado de 6º de ED. Infantil estivo indagando e aprendendo cousas sobre o universo a través dun PDI

Investigaron a través dos libros da biblioteca, de internet e tamén visionaron varios vídeos informativos... a información deste proxecto , está recollida noutra das entradas : O UNIVERSO 

 

A pasada semana subiron ao "Espazo maker" do noso centro , onde está localizada a radio escolar : RADIO XUVE, para compartir un pouco as súas impresións e o que máis lles gustou do proxecto. Aquí deixamos as súas impresións, agradecemos ao profe Javi que nos acompañou na nosa incursión na radio. 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut