Skip to Content

                              

RADIO

O UNIVERSO EN 6º DE ED. INFANTIL

O pasado trimestre o alumnado de 6º de ED. Infantil estivo indagando e aprendendo cousas sobre o universo a través dun PDI

Investigaron a través dos libros da biblioteca, de internet e tamén visionaron varios vídeos informativos... a información deste proxecto , está recollida noutra das entradas : O UNIVERSO 

 

A pasada semana subiron ao "Espazo maker" do noso centro , onde está localizada a radio escolar : RADIO XUVE, para compartir un pouco as súas impresións e o que máis lles gustou do proxecto. Aquí deixamos as súas impresións, agradecemos ao profe Javi que nos acompañou na nosa incursión na radio. 

 

 

8M: CIENTÍFICAS GALEGAS MULLERES BRAVAS

E aquí temos a estrea do noso RAP de mulleres científicas galegas.

Comezamos esta andaina preparando os nosos "LAPS BOOKS" para o mes da ciencia en galego, novembro.

De cara ao 11 F: Día da muller e a nena na ciencia, e en vista de que a maioría das nosas eleccións foran mulleres, pensamos en facer un rap con todas elas. 

E despois dun mes de duro traballo, de elexir a letra, de ensaiar , por fin chegou o momento da gravación.

 

Queremos agradecerlle ao noso mestre de música, David o seu esforzo e traballo para organizar esta actividade, ensaiar e facer este magnífico vídeo que vos presentamos a continuación.

Grazas tamén a todo o profesorado e alumnado que participaron con gran entusiasmo nesta actividade.

 

 

 

 

World Radio Day

On World Radio Day, 5th and 6th grade students of primary school CEIP Xuvencos de Boborás, in Ourense, want to introduce their school and send greetings to the world.

 

 

 

 

 

 

11 DE FEBREIRO: DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA: A NOSA CONMEMORACIÓN

 

 

 

O pasado curso inciamos a nosa andaina, no proxecto "Radio na biblio" e para conmemorar esta data o alumnado de sexto fixo unhas pequenas "cuñas" sobre mulleres de ciencia, en galego e en inglés. Podédelas escoitar se premedes AQUÍ 

 

Este ano quixemos tamén visibilizar esta data dente a nosa RADIO XUVE. Pero dun xeito ben distinto:

 

Continuando coa temática do "mes da ciencia en galego" onde traballamos cada unha das aulas a unha muller científica galega, pensamos que facer un pequeno "rap" sobre cada unha delas , sería marabilloso.

Aqui podedes ver os nosos "LAP BOOKS" sobre estas 6 magníficas  mulleres.

 

Estes días estamos ensaiando os nosos RAP, coa axuda do profe Michel e do profe David.. e próximamente a estrea mundial en RADIO XUVE.

 

 

 

 

DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA (11 FEBREIRO)

Co motivo da celebración do Día da muller e a nena na ciencia, o 11 de febreiro, o alumnado de 6º de E.P. fixo unhas cuñas publicitarias en radio xuve.

Son catro, dúas en galego e dúas en inglés.

Esperamos que vos gusten.

FORMACIÓN DE RADIO PARA O PROFESORADO

O pasado día 4 de febreiro , o profesorado recibiu  no centro , formación en RADIO por parte de  REDE ESPORA .

Como sabedes, este ano fomos seleccionados para participar no programa da Asesoría de Bibliotecas Escolares: RADIO NA BIBLIO.

O primeiro, é que o profesorado reciba a formación necesaria para poder traballar a temática co alumnado.

Nesta primeira xornada Luis Losada, dividiu as 3 horas de formación en dúas quendas:

- Nunha primeira parte teórica,  centrada na importancia da Radio Escolar : consellos e pequenas cousas e recursos para a nosa práctica diaria, exemplos, decálogos, información, formación, e resolución de dúbidas ( que se desenvolveu na Biblioteca do centro)

- A segunda parte da sesión foi máis práctica, onde puxemos a "mesa de misturas " a andar,  utilizamos os micros, fixemos pequenos experimentos para entender e levar á práctica o aprendido. ( que se desenvolveu no noso Espazo Maker ,  como prolongación da nosa biblioteca)

 

Acó vos quedan unhas poucas fotos do momento da formación que recibimos por parte de Luís: 

 

  

 

 

   

 

Queda pendente agora, a segunda parte da formación que irá dirixida ó alumnado,  que van ser os grandes  protagonistas nesta aventura da radio:

Guionizar os programas , preparalos, editalos  para que sexan autónomos e os que dirixan e controlen a mesa , as produccións e creacións... seguiremos informando!!!

 

 

 

INICIÁNDONOS NA RADIO

O pasado mércores día 22 dende o noso cole emitiuse un programa deportivo, "Convivir deportivo", podedes consultar a información relativa a este evento premendo aquí.

Tendo en conta que este ano estamos traballando un PDI de centro sobre os "XOGOS OLÍMPICOS" , e deportes en xeral, e por outra banda vimos de incorporarnos ó proxecto  "Radio na Biblio", non puidemos ter un mellor inicio para esta andaina.

Vivir un programa de radio en directo!!!!!

Acó vos quedan unhas poucas fotos do momento:

 

 

 

                  

 

RADIO NA BIBLIO

Este curso unímonos ó proxecto "RADIO NA BIBLIO" 


Estamos moi ilusionados e ilusionadas de poder formar parte deste proxecto.. e poder compartir as nosas vivencias, experiencias e aprendizaxes, integrando as competencias clave e cunha aprendizaxe significativa e ilusionante.

Máis información do proxecto aquí: http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/?q=node/1245 

Seguiremos informando!!! 

Distribuir contido


by Dr. Radut