Skip to Content

                              

Novas

CURTAMETRAXE: "O CASCABEL DA GATA"

Neste curso o alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de educación primaria participaron en Nós tamén creamos! do PROXECTA, co conto "O cascabel da gata", de OQO.

Foi un traballo arduo e moi enriquecedor para todo o alumnado, onde aprendemos moitas cousas sobre fotografía, luces, montaxe, etc.

No seguinte video podedes ver a curtametraxe:

 

E neste video o making off (cómo se fixo):

ELABORACIÓN DE XABÓN

O alumnado de 3º de educación primaria elaborou xabón co aceite usado do comedor do colexio, o cal levarán como agasallo o día da familia, 15 de maio.

CONVIVENCIA INTERCENTROS

O 25 de abril celebramos unha convivencia con outros centros da comarca (San Amaro, Beariz e Irixo) e organizamos tres talleres de reciclaxe con materiais de refugallo: un ecoplaneta, un instrumento musical e un taller de percusión.

PLANTACIÓN HORTO

O alumnado de 4º e 5º de E.I.  plantou as súas plantas aromáticas no horto e o alumnado de 6º de E.I. plantou amorodos e tomates no horto.

O alumnado de segundo tamén preparou os seus semilleiros de flores.

 

O alumnado de terceiro pasou os seus semilleiros de flores as xardineiras, ademais de plantar cebolas no horto e encargarse do composteiro.

O alumnado de cuarto fixo os seus sementeiros de flores e plantou nos bancais leituga, cenorias e pementos.

O alumnado de quinto plantou pementos, berenxenas, cabaciñas, sandías e melóns.

 

PREPARACIÓN DO TERREO

No mes de marzo empezamos a limpar  o horto e a preparalo para que viñeran fresalo.

Este curso volveu o papá de Iria co seu motocultor a fresarnos o horto e así aproveitamos para colocarlle unha tea para que non crezan as malas herbas.

 

SEMILLEIROS

O alumnado de varios cursos de primaria preparou os semilleiros nos envases dos iogures, que se reciclaron do comedor e das merendas do alumnado.

 

ENTROIDO

Este curso decidimos disfrazarnos de contedores de reciclaxe. Para iso pedimos a colaboración das familias e a resposta foi que nos xuntamos cunha cantidade inmensa de plásticos que desbordou todas as nosas expectativas. Nas fotos podedes ver momentos de elaboración dos disfraces, así como do día do desfile, que fixemos un percorrido polo pobo de Boborás.

30 XANEIRO: DÍA DA PAZ

Para conmemorar o día da Paz fixemos un mural xigante, no que a base estaba toda feita con planchas de cartón recicladas de material que chegou ao colexio. Tamén aproveitamos as tapas de bebibles para facer o sol e as garrafas de auga para facer as macetas.

 

NADAL 2022

Nas semanas previas as vacacións de Nadal pedímoslle as familias que fixeran decoracións con materiais de refugallo, ademais de adornos con rolos de papel hixiénico para a árbore que fixeron os de 3º de educación primaria.

SAMAÍN 2022

Para celebrar este curso o SAMAÍN organizamos dous concursos, un de relatos terroríficos e outro de decoración de cabazas.

Ademais tamén se prepararon dous bailes. "Monstros e demais" e "Cazapantasmas".

No seguinte video podedes ver o ben que o pasamos.

Distribuir contido


by Dr. Radut