O seguinte vídeo foi o que proxectamos no Festival de Fin de Curso e nel reflectimos en imaxes un resumo das actividades realizadas ata o mes de maio do curso 2013/2014.
Asemade, na súa parte final, amósase un pequeno homenaxe a toda a comunidade educativa deste centro que tanto, e ben, leva traballado e colaborado para o bo funcionamento do mesmo.
ASOCIACIÓN DE NAIS E PAIS (ANPA) E DIRECCIÓN CEIP Nosa Sra. de Xuvencos Boborás (9- maio - 2014)
A ANPA e a Dirección do colexio, infórmalles e invítalles a asistir á cuarta e última charla coloquio neste curso, da Escola para nais e pais que se celebrará o próximo martes día 13 de maio, as 16:15, na biblioteca do CEIP Nosa Sra. De Xuvencos.
Nesta ocasión trataremos o tema da nutrición :” Unha alimentación equilibrada” Será impartida por Lydia Almonte Polanco, especialista en nutrición e dietética e asemade Presidenta da ANPA
Esperamos, coma sempre, a vosa colaboración e asistencia. Moitas grazas. Un saúdo,
Lidya Almonte (Presidenta ANPA) María Sánchez Seco ,Directora do Centro.
O martes 6 de maio realizamos unha visita cultural á vila de Allariz para contemplar os museos da moda, do xoguete, o muiño do burato e a Hípica de Allariz.
O alumnado dividiuse en dous grupos e cada un deles foi acompañado por un guía que lles ía facendo as indicacións oportunas sobre as visitas realizadas.
Durante os días 8 e 9 de abril dous mestres do cole e tres nenos de sexto curso participaron nun curso de formación en “Soporte vital básico e uso do DESA (desfibrilador semiautomático) para persoal non sanitario". O curso foi organizado polo Concello de Boborás e desenvolveuse nas instalación do CEMIT. Nel tamén estiveron presentes persoal da gardería infantil, do Concello e da residencia da terceira idade.
Os responsables de impartir o curso, conseguiron, grazas a súa formación e organización dos contidos traballados, que os asistentes ao mesmo sexan quen de atender a un accidentado que precise destes primeiros auxilios. O Concello, a partir de agora conta con 8 novas persoas que están capacitadas para empregar o DESA en caso de necesidade, o que pode chegar a salvar moitas vidas.
Desde aquí, queremos agradecer ao Concello a realización deste tipo de actividades formativas e tamén por ternos invitado á mesma.
Entendemos que a formación en soporte vital básico e utilización do DESA debería ser materia curriculare de obrigado coñecemento por todos os membros da comunidade educativa i esperamos que así sexa nun curto espazo de tempo.
ASOCIACIÓN DE NAIS E PAIS (ANPA) E DIRECCIÓN CEIP Nosa Sra. de Xuvencos Boborás (7-abril- 2014)
O pasado martes, 8 de abril, tivo lugar na biblioteca do centro un novo relatorio da Escola para nais e pais que organizou a ANPA do colexio e contou para esta ocasión coa colaboración da mestra de apoio da Mancomunidade Soraya Fernández Carramale e da psicóloga Inés Meizoso López.
O tema tratado foi: “A comunicación afectiva e as normas de comportamento.”
Faláronos da importancia da comunicación afectiva. Consellos para desenvolver un bo ambiente familiar no fogar.
Informaron, asemade, sobre as normas de hixiene, control de esfínteres, alimentación,soño e tarefas escolares.
Durante a charla os aistentes propuxeron dúbidas que foron atendidas polos relatores.
Damos as grazas á ANPA e ás relatores Soralla e Inés pola realización desta actividade na biblioteca do noso centro.
Este ano o alumnado de terceiro ciclo participou no concurso de marcapáxinas que convocou a Librería Escolma do Carballiño. A calidade dos traballos presentados polo noso centro viuse recompendada polo posto de finalistaalcanzado por Alba Cabaleiro Gómez de 5º curso cunha magnífica obra.
Desde aquí, queremos agradecerlle á Librería Escolma a realización deste tipo de actividades co fin de promover o fomento da lectura e darlle os nosos parabéns a todos os participantes e ao alumno gañador Anxo Otero, do CEIP Calvo Sotelo.
O martes, 25 de marzo, tivo lugar no noso centro a VI convivencia de EDL da comarca do Carballiño, coa participación dos seguintes colexios: CEIP Nosa Sra de Xuvencos; CEIP de Beariz; CEIP Virxe da Pena da Sela do Irixo e CEIP Eulogio Gomez Franqueira de San Amaro.
Durante toda a xornada estivemos acompañados do prestixioso pallaso Tanito, que co seu espectáculo "Sonrisas Máxicas" se encargou de dinamizar a convivencia e de facernos pasar uns momentos inolvidables.
Pola mañá, o alumnado de máis idade participou nos diferentes encontros de fútbol sala que tiveron lugar no pavillón do Concello de Boborás.
Está é unha das actividades deportivas que ten máis éxito entre todo o alumnado dos diferentes centros, tanto feminino como masculino. A pesar do carácter non competitivo que se lle confire a esta actividade, todos queren participar nos diferentes partidos que se programan, aínda que só sexan uns poucos minutos...
Para coñecer os resultados dos diferentes partidos premede na imaxe da esquerda.
O martes 11 de marzo tivo lugar na biblioteca do centro un novo relatorio, organizado pola ANPA do colexio, no que se abordou o tema de prevención de incendios e de primeiros auxilios e á que asistiu unha gran cantidade de membros da nosa comunidade educativa.
Os membros de Protección Civil do Concello do Carballiño foron os encargados de informarnos como actuar en caso de incendio e de como podemos prevelos. Na segunda parte da sesión abordaron o o tema dos primeiros auxilios e do protocolo a seguir en caso de atoparnos ante unha situación que requira a nosa actuación: infartos, atragantamentos, queimaduras...
Durante o desenvolvemento da sesión os asistentes foron propondo dúbidas aos membros de Protección Civil i eles nos foron indicando as pautas a seguir ante unha situación de emerxencia.
O martes 11 de marzo participamos na final comarcal de bádminton da comarca do Carballiño organizado pola Agrupación deportiva Arenteiro e coodinada por Cristina Chamoso nas magníficas instalacións do IES nº 1 do Carballiño.
O noso centro tivo 12 representantes nas categorías alevín masculino e feminino que competiron contra os representantes do CEIP da Uceira do Carballiño e o CEIP Virxe da Pena da Sela do Irixo.
Foi unha xornada moi intensa na que, ademais de competir, convivimos cos nosos compañeiros dos outros centros.
Cadro de honra:
Alevín masculino
Alberto do CEIP Nosasa Sra de Xuvencos
Adrián do CEIP da Uceira
Daniel do CEIP da Uceira
Samuel do CEIP Virxe da Pena da Sela
Alevín feminino
Laura do CEIP da Uceira.
Ana do CEIP Virxe da Pena da Sela
Eva do CEIP Nosa Sra de Xuvencos
María do CEIP Virxe da Pena da Sela
Moitos parabéns para todos os participantes e en especial para Aberto e Eva do noso centro.
Hoxe conmemoramos o Día Internacional da Muller Traballadora con dous días de retraso.
O nacemento do Día Internacional da Muller, ao contrario do que se pensaba, non radica nun acontecemento illado, senón que debemos situalo nun contexto histórico e ideolóxico moito máis amplo.
CARMÉ LÓPEZ (Mujer actual)
Esta é unha celebración que as Nacións Unidas declararon no ano 1978, pero que ten a súa orixe no ano 1908 en Nova York.
En asemblea ver xuntos os vídeos. Despois organizarse en grupos e contestar preguntas como: - Como se suscita o papel das mozas nestes contos? - E o dos mozos? - Na túa vida cotiá, atopas xente que se parece a estes personaxes? Pon exemplos. - Facer algunha dramatización dunha escena parecida ás que aparecen nos contos.