Skip to main content

MES DAS CIENCIAS

BÁLSAMO PARA A TOS #Ciencia #LerCiencianaBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas


O alumnado de 1º de primaria investigan os poderes curativos

do tomillo e realizan unha receita contra a tos na cociña da biblioteca,

para darlles unhas fregas ás avoas e aos avós que

nestas datas comezan a coller os catarros.

Complementan a pomada coa creación dun marcapáxinas coa receita.

Así poderán facer máis cantidade na casa, se o desexan.

 

 

 

PROXECTO "O CORPO HUMANO" #Ciencia #LerCiencianaBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

O alumnado de 6º de primaria investiga no seu proxecto do corpo

humano e realiza un xogo dos aparellos con material reciclado.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

MES DAS CIENCIAS EN GALEGO #Ciencia #LerCiencianaBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

 

 

 

 

OBRADOIRO AUGAS DE GALICIA #AugasdeGalicia #MesDaCienciaEnGalego #Ciencia #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Na pasada semana recibimos a visita de Augas de Galicia

para recibir unha charla de sensibilización e un obradoiro sobre as inundacións.

Riscos, desbordamentos de ríos, consecuencias,

efectos negativos dun fenómeno natural e necesario.

Para ver algúns vídeos e obter máis información

podedes achegarvos ao seu blog: Augas de Galicia.

 Na súa visita realizaron unha donación de guías dos Bolechas,

Coidamos a auga, para todo o alumnado de infantil.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

MUSEOS CORUÑA #MesDaCienciaEnGalego #Ciencia #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

O alumnado de 5º escolleu o mes das Ciencias para realizar

unha saída didáctica a tres museo da Coruña.

No Domus visionaron temática da alimentación, nutrición,

a evolución dende os primeiros homínidos e realizaron xogos

interactivos de olores, neurons, actividades sobre xenética e adn.

Na Casa das Ciencias gozaron unha manchea co péndulo de Foucault

ata aplaudiron ao caer o pivote, encantoulles! Posteriormente, traballaron

de xeito interactivo péndulos, gravidade e no planetario (que tiveron o

privilexio de ollar os dous, un recén estrenado!) disfrutaron do anoitece e

amancer no ceo, mentres escoitaban explicacións sobre os astros, os puntos cardinais...

Por último, no acuario Finisterrae, coñeceron a Gastón, o tiburón touro

que vive alíe entre outras especies típicas de Galicia. Conversaron sobre a

reprodución sexual e asesual dos seres vivos. Viron os ajolotes que están

en perigo de extinción e os deixaron namorados!

Aprenderon unha manchea de curiosidades. E ollaron diferentes

adornos realizados cos materiais que desbota o mar.

 

 

 

 

 

 

EXPERIMENTO REPRODUCIÓN PLANTAS #MesDaCienciaEnGalego #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

O alumnado de quinto anda a experimentar polo mes das ciencias.

Reprodución sexual e asexual das plantas, necesidades...

Realizaron diversas hipóteses sobre que pasaría coas sementes

dendo de terra ou auga, metidas nun globo (a modo de crear o efecto

invernadoiro). Plantaron un xeranio pola técnica agricultora do gallo.

Colocaron sementes a diferentes profundidades... fixeron moitas hipótese.

Agora toca esperar e probar ou refutar.

 

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido