Skip to main content

TRADICIÓN ORAL

CLUB DE LECTURAS - TALLER DE MEMORIA #Lecturascompartidas #Clubsdelectura #FamiliasnaBE #bibliotecacreativa #bescolaresgal

Unha parte do alumnado do Club de Lecturas "Chocolate con libros"

achegouse ata o edificio do Auditorio manter unha xornada de

convivencia coas avoas e avós do taller de memoria que organiza a

mestra Marta. Foi unha experiencia moi gratificante na que, 

despois das presentacións, a rapazada máis pequena contoulles,

en pequenos grupos o conto de "Arturo e Clementina" de Adela Turín.

Logo os avós contaron tamen outros de tradición oral,

máis tarde tivemos sesión de xogos de mesa e rematamos

todos xuntos ao compás de "A praia do Varadeiro".

 

 

 

 

 

 

 

 

 

ÉTIMOS DE AVES E PAXAROS - RADIO EXPERIMENTAL - RADIO VOZ #Radionabiblio #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #FamiliasnaBE #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

A nosa biblioteca foi seleccionada para recibir a visita de Radio Voz.

O alumnado de sexto recibe unha pequena charla formativa e posteriormente,

gravamos un programa de Étimos de aves e paxaros.

Programa enmarcado no proxecto "Aprendendo, naturalmente!" e emitido o

9 de marzo, Día do Naturalismo Galego, Día de Martín Sarmiento!

Quixemos alzar a nosa voz para facer valer a nosa lingua, a que falamos

a diario, a das nosas avoas e avós e por suposto aprender moito das aves

e paxariños, moitos deles que viven moitas aventuras nas súas migracións.

Agora ides escoitar o producto final, pero este tipo de actividades conlevan

un traballo laborioso.

 

Primeiro deseñouse en enviouse ás familias e coñecidos

unha pequena folla de recollida de información, dos étimos de nove aves e

da cultura popular referida a elas. O alumnado de sexto de primaria recolleu

as entrevistas e fixo un cadro centralizando as aportacións que se fixeron de

cada paxariño.

Posteriormente, buscaron información sobre a apariencia, canto, costumes de

cada un deles e a rexistraron. Con todos eses datos elabórase unha escaleta ao

que se adobía con poesías, recitados, ditos, refráns sobre estas aves e tendo moi

presente que estamos próximos á data de Rosalía de Castro e queremos adicarlle

a súa Alborada. Todos os niveis do centro saen representados neste adobío, que xunto

coas gravacións sobre étimos e características destes paxariños fan o programa

de radio que agora ides escoitar.  Será emitido por Radio Voz Ferrol, na frecuencia 105.4


 

Orgullo de cativada! Feliz Día do Naturalismo Galego! Parabéns Martín Sarmiento!


 

 Engadimos a escaleta e a bibliografía, por se é de interese.


Distribuir contido