Skip to main content

mes da ciencia en galego

OBRADOIRO TAUMATROPOS - MES DA CIENCIA EN GALEGO #MesdaCienciaenGalego #Ciencia #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

O alumnado gozou dun obradoiro que os deixou abraiados.

Construiron un taumatropo! En breves máis novidades e

non esquezades que podedes facer as vosas propostas!

 

 

 

 

COIDAMOS OS DENTES! #MesdaCienciaenGalego #Ciencia #FamiliasnaBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

O alumnado de cinco anos está inmerso nun proxecto sobre

"Os dentes e o seu coidado. Este ano iníciase o proceso de caída

dos dentes de leite e a aparición dos novos. Así que estes días o

Ratiño Pérez visitou moitas casas.

Para documentarse debidamente buscaron a unha dentista profesional:

Mey Lin Apac, que ofreceu moita información e resolveu unha manchea de 

dúbidas que transitaban polas súas cabeciñas.

Estes peques xa están montando unha pequena clínica dental na aula

e traballando con  numerosos recursos para coñecer o fascinante mundo dos dentes.

Sendo o proxecto o eixo motivador para numerosos conceptos

básicos da etapa infantil na que se atopan.

 

 

 

 

 

ACEITE DE LAVANDA #MesdaCienciaenGalego #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

O alumnado de sexto de primaria recolleu o sembrado a finais do curso pasado.

Unha colleita de lavanda que utilizaron para facer

aceite e coa que posteriormente farán xabrón.

Documentáronse para ver cal era o proceso. 

Recolectada a lavanda, a desgranaron, mesturaron a semente

con aceite e agora repousará cuarenta días para facer xabrón.

Posteriormente crearon un texto instructivo para informar dos pasos a seguir.

 

 

 

Volcáns ao noso xeito!

Hoxe, derradeiro día de este mes da ciencia en galego, vos queremos deixar unha pequena mostra do ben que traballa o alumnado desta escola. Como é obvio, o volcán da Palma entrou nas conversas do día a día das aulas dende o inicio de curso e moitos grupos non quixeron deixar pasar a oportunidade de aproveitar para achegarse a este fenómeno natural e, por suposto, a experimentación tiña que estar presente xa que é un método maravilloso para descubrir o mundo que nos rodea mentres que desenvolvemos o pensamento científico, traballamos en equipo...

 

Aquí vos deixamos un Genially coa mostra do traballo de diferentes aulas para que as imaxes falen por si mesmas pero xa vos avanzamos que foi unha gran experiencia!

 

 

 

 

Retos argalleiros!

A ciencia abarca moitos campos e por iso, dentro deste Mes da ciencia en galego, dende a biblioteca Carlos Labraña non quixemos deixar pasar a oportunidade de plantexar un obradoiro de robótica con un material moi chulo da biblioteca creativa: Lego WeDo.

 

Así, a través de diferentes e variados retos, a rapazada de 3º de Primaria tivo que poñerse mans á obra desenvolvendo habilidades STEAM e a súa capacidade de traballo en pequeno grupo, para poder levar a cabo todas as propostas e podemos dicir que o pasaron en grande! E, para mostra, aquí tendes un pequeno vídeo onde os veredes en acción!

 

 

OBRADOIRO DE COLMEAS - BIBLIOTECA CREATIVA

No mes da ciencia en galego argallamos un obradoiro de colmeas.

 

En grupos cooperativos de 4 ou 5 persoas o alumnado tivo que ser quen de secuenciar as tarefas,

ler as instruccións, chegar a acordos e conseguir un produto final.


Pero durante este proceso tiveron que traballar a pinza e o recortado (que mellora a escrita),

conversar (expresión oral), buscar a información (isto conleva ler e filtrar os datos,  decidir que é o importante e que non).

 

Aquí un vídeo resumo do proceso.

 

Expoñendo a ciencia

Xa estamos en novembro, mes no que dende Bibliotecas escolares de Galicia se impulsa a celebración do Mes da ciencia en galego polo que Ataúlfo, o noso polbo favorito, xa ten nas súas patas un montón de recomendacións moi chulas en relación a esta temática polo que... si estades pensando en experimentar, argallar ou descubrir os segredos da ciencia, non dubidedes en botar unha ollada!!

 

XOGO DE FUGA - MES DAS CIENCIAS

Todas as persoas aportaron coñecementos á ciencia.

É de máxima importancia visibilizar e poñer as mulleres nestas disciplinas.

Coa intención de crear referentes para as nosas nenas

créase este xogo de fuga para todo o alumnado.

Descobre á alieníxena ou non volveremos!

 

 

MULLERES NA CIENCIA - INVESTIGAMOS

Pequena investigación sobre o importante papel das mulleres na ciencia.

Creación de banderíns.

PAXARIÑOS

Os recreos dan para moito!

Xogamos cos paxariños!

Experimentos de outono

Seguimos có mes da ciencia en galego... neste caso, nunha das aulas de infantil! Os pequenos e pequenas de 4 anos están traballando có outono e qué mellor que facer pequenos experimentos para descubrir cousas novas. Aproveitando unhas follas secas que recolleron no chan do edificio do Areal traballaron unha chea de conceptos: tiveron que clasificar por cores, traballar a motricidade fina machancando as follas, facer trasvases, calcular cantidades... e, por suposto, escribir o experimento e as conclusións! Todo para descubrir cómo se forman as cores do outono!

 

Seguimos traballando o corpo... cun experimento!

Sen case darnos de conta, chegamos xa a novembro, mes que no celebramos o Mes da ciencia en galego nas bibliotecas. Na nosa biblioteca podedes atopar un montón de materiais relacionados coa ciencia pero, neste caso, queremos mostrarvos un experimento moi chulo.

Nas clases de segundo están traballando sobre o corpo humano e para afondar sobre a respiración e cómo funcionan os órganos relacionados con este proceso fixeron este sinxelo experimento no que se pode observar moi facilmente o intercambio de gases mediante a inspiración e expiración.

 

 

 

Distribuir contido