Skip to main content

Abril 2022

OBRADOIROS DOS CLUBS #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #bibliotecacreativa

Os dous clubs I love Animals e Sylvanian Families continúan

amosando autonomía e bo facer. Organizan, preparan, difunden

e levan a cabo toda clase de obradoiros.

Esta é unha pequena mostra dos seus traballos.

OBRADOIRO CLUB I LOVE ANIMALS - DÍA DAS NAIS #STEAM #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

O clube I love animals organizou un obradoiro con motivo do Día da Nai.

Realizaron esta fermosa creación.

Dende a biblioteca "Carlos Labraña" queremos desexarlle

hoxe e tódolos días, Feliz día!! a tódalas nais.

 

 

 

LECTURA E FAMILIA - PABLO OTERO #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Este ano a Asesoría de Bibliotecas convocou a primeira edición do programa

"Lectura e familias", que ten por obxectivo estimular o deseño e desenvolvemento

de iniciativas que favorezan a participación das familias en actividades da biblioteca escolar.

Na biblioteca sempre pensamos en comunidade, cada vez que deseñamos un proxecto

ou actividade. Este ano, estamos no proceso de crear unha Biblioteca Humana coa

participación das nosas xentes, un proxecto entre as bibliotecas escolares e o Concello de Cedeira.

Comezaremos cunha proposta de formación. Se aínda non estás apuntado podes facelo!

Este venres, imos ofertar un recurso de formación e disfrute en familia,

a actividade ten por nome "Libros de familia" e estará a cargo de Pablo Otero.

Pablo Otero, naceu en Ourense en 1970, é un escritor, ilustrador e pintor galego.

Estudou na Facultade de Belas Artes de Pontevedra.

De seguro será unha gran oportunidade para asistir coa familia á biblioteca!

 

 

 

FESTEXAMOS O DÍA DO LIBRO COA COMUNIDADE EDUCATIVA - LECTURA E FAMILIAS #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #DiadoLibro #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

 

Hai lugares tranquilos no medio do ruído. Son

 

illas, son oasis, son espazos entornados,

 

silenciosos, en que podemos camiñar entre o

 

pasado e o futuro. Espazos que acubillan os

 

artefactos perfectos que nos conectan coa

 

eternidade.

 

Desde os andeis das bibliotecas os lombos

 

chaman a nosa atención.

 

Chegaron os libros, de preto ou de moi lonxe,

 

nunha viaxe que comezou cunha palabra ou unha

 

imaxe. Despois xurdiron moitas máis, fervenza

 

creativa.

 

Con esa materia prima necesaria, o editor deulle

 

forma: alquimia.

 

Convocou forzas humanas e tecnolóxicas e

 

actuou: corrección, maquetaxe, deseño; elección

 

do papel, do tipo, do formato. E a maquinaria

 

gráfica dispuxo os ferros, as probas de cor, os

 

roletes de caucho e as catro tintas, para fusionar

 

imaxes e palabras sobre a pasta vexetal.

 

Velaí o libro: unha faísca da memoria do mundo.

 

 

Este texto é de Xosé Ballesteros para celebrar o Día do Libro.

 

Nós na nosa biblioteca, somos inmensamente afortunados pois temos un autor: Quique Vázquez

 

e un ilustrador: Diego Cheda, os pais de A viaxe de Percebiño. Un conto sobre a Educación Vial

 

que naceu con nós confinados, pero que tivo un gran traballo detrás.

 


 

Hoxe tíñamos que ter moitas cousas, pero as veces, esa maquinaria da que fala Xosé Ballesteros

 

complícase e manda auga cando se quere gravar un video clip ou deixa libros sen tapas. O caso é que,

 

aínda que teñamos que esperar para iso uns días, hoxe é o Día do Libro e os dereitos de Autor, e iso

 

o temos na vila e moi orgullosos que estamos. Así que tivemos a sorte de escoitar o libro da boca

 

do seu autor, destapar un agasallo de Diego, e colorear as súas fantásticas ilustracións con acuarelas.

 

Por suposto, mentres demos cor puidemos preguntarlle todas as nósas dúbidas sobre  A viaxe de Percebiño!

 

Gracias Quique e Diego por unha tarde xuntos en comunidade!


 

 

Disfrutando nos recreos! #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Os recreos son unha parte da xornada escolar con moito potencial e na biblio teñen unha chea de opcións para pasar un rato divertido cos amigos e amigas afianzando aprendizaxes case sen darse conta... Por mor dos protocolos COVID temos que organizar por grupos para respectar os grupos burbulla pero todos e todas están esperando con ganas cando lles toca e non é para menos!

 

                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                             

 

 

 

 

 

 

 

 

OBRADOIROS DO ALUMNADO -#bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Uxía agasallounos cun obradoiro de marcapáxinas!

Ela cubriú a solicitude para levar a cabo un obradoiro voluntario,

sen deixar ningún apartado.

Posteriormente fixo o seu cartaz co asesoramento do equipo de biblioteca.

Colgouno ca cortiza xunto a un cadro para apuntarse.

Orgullo de rapazada que temos que amosa autonomía e bo facer!

Parabéns Uxía!

 

 

 

DÍA DO LIBRO E DOS DEREITOS DE AUTOR - LECTURA E FAMILIAS #LecturaeFamilias #semanadolibro #diadolibro #FamiliasnaBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Queremos celebrar o Día do Libro e os Dereitos de Autor cun gran agasallo.

Aló polo 2020, con todos confinados, nacía "A viaxe de Percebiño",

unha historia fantástica escrita por Quique Vázquez e ilustrada por Diego Cheda.

Este ano, esa historia cobra vida, poderemos pasar as súas follas,

ulir cada páxina, observar as ilustracións...

Este 22 de abril achégate á biblioteca e dalle cor!

 

 

 

 

 

 

 

 

VERBAS NAS AMÉRICAS #ABEtenapalabra #Radionabiblio #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Viaxando polo mundo sen moverse da biblioteca o alumnado realizou

unha investigación para recoller unha pequena mostra de palabras

dos diferentes países onde emigraron os galegos na dictadura franquista.

Unha vez máis solicitamos a colaboración da comunidade

educativa para facer medrar as palabras.

 

Podedes enviar a vosa aportación ao correo: biblio.nicolas.del.rio@gmail.com

 

 

 

 

38 CONCURSO ONCE #igualdade #ODS #Axenda2030 #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

O camiño que nos torna iguais é o lema baixo o cal  o Grupo Social Once

convidou a participar aos centros nunha actividade para traballar a inclusión

e converter ao alumnado en axentes de cambio.

O grupo de 4º C de Educación Primaria saíu gañador coa súa participación.

Dende a Biblioteca "Carlos Labraña" queremos darlles os parabéns!

Dende este enlace podedes gozar todos do audio que enviaron.

PREME E ESCOITA O AUDIO

 

 

FLORENCIO DELGADO - VERBAS E RADIO #Radionabiblio #poéticasdiversasnabE #LetrasGalegas22 #florenciodelgadogurriaran #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Este ano o homenaxeado nas Letras Galegas é Florencio Delgado Gurriarán,

cronista, poeta e escritor que tivo que emigrar de Galicia na dictadura de Franco.

Marchou a México onde formou unha familia e continúo espallando as nosas verbas galegas,

aínda que non foi fácil e tivo que traballar en mil oficios.

Investigando nas súas creacións, atopamos unhas poesías moi creativas e ricas en verbas.

E como este ano, a biblioteca escolar ten a palabra, pois decidimos 

propoñer á comunidade educativa a creación de poemas crioulos.

En que consiste un poema crioulo? Pois tedes que crear un par de versos ou estrofa,

con algunhas palabras doutros países a onde emigraron moitos dos nosos avós/as e bisavoas/os

e moitos outros familiares, pois todos temos alguén: México, Uruguai, Brasil, Arxentina,

Cuba, Venezuela... e escoller un par de palabras típicas destes países,

xunto con palabras galegas, creando un par de versos con rima.

Atopadas as palabras e feita a poesía, tedes que enviala nunha mensaxe de

audio ao correo da biblioteca: biblio.nicolas.del.rio@gmail.com

engadindo no texto o voso nome e apelidos e o país de onde escollestes as palabras.

Engadimos a ligazón a unha páxina con información e xogos sobre Florencio Delgado.

A primavera das Letras, onde atoparedes a biografía escrita por Ledicia Costas e ilustrada por Blanca Millán

e adaptada a un público infantil.