Skip to Content

Complementarias

SAMAÍN NA ESCOLA

Chegou o Samaín a escola, dan man do mestre Rafael López Loureiro (Calel) e os seus alumnos de 5ºC, "SAMAÍN NA ESCOLA, UN MUNDO DE TRADICIÓNS, DE CULTURA, DE SENTIMENTO E LEDICIA".

 

XOGOS POPULARES

Chegou o fin de curso, e como vimos facendo tradicionalmente, participamos nunha sesión de xogos tradicionales e populares. A chave, a comba, o brilé, sogatira, zancos, mariolas, chapas, peonzas, canicas e outros xogos foron os protagonistas xunto cós nenos e nenas no último día de clase. Preme na imaxe para ver todas as fotos....

EXCURSIÓN A MANZANEDA

Xa temos as primeiras fotos da excursión a Manzaneda. Os nenos e nenas participaron en numerosas actividades como tiro con arco, montaron a cabalo, Kars, piscina, rocódromo, orientación, sendeirismo.... e o que máis lles gustou, A DISCOTECA!!! Iremos colgando máis fotos, preme na imaxe para ver todas na galería.

EXCURSIÓN A MARCELLE

O martes 15 de maio os nenos e nenas de 1º e 2º de Ed. primaria visitaron o parque natural de Marcelle. Os monitores guiaron ao alumnado por todas as instalacións explicando os aspectos máis interesantes sobre os animais e as árbores do entorno. Para ver as fotos preme na imaxe.

A COPA DO MUNDO EN CEDEIRA!!!

O venres 23 de marzo a Copa do Mundo, conquistada por España no mundial de Sudáfrica de fútbol, visitou a nosa Vila. Algunhas clases do noso cole non desaproveitaron a oportunidade de poder tocala e sacar unha foto con este trofeo que representa un dos logros máis importantes da historia do deporte do noso país. Preme na foto para ver todas as imaxes....

DÍA DA ÁRBORE

 DÍA DA ÁRBORE –  7 de Marzo do 2012 

O mércores 7 de marzo festexamos este día plantando árbores nos arredores do colexio. Os diferentes ciclos foron saíndo a plantar acompañados polos seus mestres, o director D. Anxo e os xardineiros do concello. Agora todos esperamos con ilusión que medren e que a xente os respete xa que están fora do recinto escolar. Para ver todas as fotos preme nunha das imaxes......

 

Canción protesta carnaval 2012

Escoita a canción do carnaval creada polos mestres e mestras do cole para protestar contra os recortes. 


sentímolo, flash non está dispoñible.

FESTIVAL NADAL

Os nenos e nenas de Ed. Infantil e 1º e 2º de Ed. Primaria participaron hoxe martes 20 de decembro no Festival do Nadal. A festa tivo moito colorido xa que todos ían cos seus respectivos disfraces, non faltou a música, os bailes, panxoliñas e cancións populares propios destas datas. 


MAGOSTO E DÍA DO PEÓN

 O xoves 10 de novembro festexamos no centro dúas celebracións. Por unha parte os nenos e nenas de primaria xogaron coas súas peonzas no patio para rendir homenaxe a este xogo tradicional que forma parte da nosa cultura. Por outra parte, todos os alumnos e alumnas do centro festexaron o tradicional magosto escolar, con castañas e leite, para rematar un día especial de carácter lúdico, con música de fondo, e cunha climatoloxía boa que permitiu disfrutar a todos e todas da festa.


Preme na imaxe para ver todas as fotos...


Distribuir contido


by Dr. Radut