No CEIP Nicolás del Río quixemos celebrar o Día Universal da Infancia (20 de Novembro)dando visibilidadeao que tanto botamos de menos nestes últimos tempos, como son os sorrisos das nosas alumnas e alumnos.
Porque un sorriso vale máis que mil palabras. Feliz Día!
O día 27 de marzo celébrase o "Día Mundial do Teatro". Con moita ilusión creamos unha nova aula de teatro na que levamos traballando un tempo, na que tamén elaboramos un teatro de sombras. Seguindo os consellos e orientacións de Quique Vázquez, que nos axudou con toda a parte técnica, acabamos de estrear a aula coa obra: "A toupiña que non sabía quen lle puxera aquilo na cabeza", interpretada por mestres do noso centro!!! Nos vindeiros días haberá máis actuacións, tanto de teatro como de teatro de sombras.
Polo día da muller traballadora, buscamos información sobre mulleres galegas relevantes para nós. Cada clase elaborou unhas páxinas sobre a biografía, debuxos, elementos relevantes,... da muller escollida pola aula. O resultado final foi a elabroación dun genial.ly que recolle dun xeito interactivo todo o traballo realizado por mestres e alumnado do centro.
Dende os Equipos de ACE, Dinamización Lingüística e Biblioteca, conmemoramos o Dia da Infancia (20 de novembro) e o Día da Educación (24 de xaneiro) cun telexornal moi especial.
Unha das novidades deste curso é introducir na nosa Programación Xeral Anual unha xornada de xogos populares para todo o alumnado. A intención era facela coincidir co Magosto, pero polas condicións climatolóxicas tivemos que aplazalo para o venres 16 de novembro. Aquí podedes ver un vídeo resumo da xornada.