Skip to Content

Complementarias

ENTROIDO 2015

Este ano, tivemos que organizar o Entroido Escolar dentro do centro, xa que as condicións meteorolóxicas foron adversas. O tema elexido foi "estilos musicais". Dende o centro queremos dar as gracias:

  • Ao Concello, por prestarnos o escenario e as vallas.
  • A protección civil, por axudarnos na seguridade.
  • Ás familias, pola súa actitude positiva e participativa durante o desfile, que facilitou moito unha boa organización. e tamén a todos e todas os que nos axudaron a facer os disfraces.
  • Ao alumnado do centro, que tivo un comportamento exemplar.
  • Ao noso equipo docente polo gran traballo neste Entroido.
  • A Rebeca Garrote e María, pola axuda e apoio de xeito voluntario.
  • Á charanga MekaniKa, pola animación e profesionalidade que mostraron durante toda a xornada.

DÍA DA PAZ 2015

Gran actuación de "daboapipa" no Auditorio Municipal

O grupo "daboapipa" actuou, o xoves 20 de novembro, co motivo do "DÍA INTERNACIONAL DA INFANCIA", no Auditorio de Cedeira para todo o alumnado do Ceip Nicolás del Río. A actividade organizada pola A.N.P.A Picapeixe e o Ceip Nicolás del Río tivo unha moi boa acollida por parte do alumnado. Dende o centro, destacamos o excelente comportamento do noso alumnado durante toda a actividade, o agradecemento a policía local e ao Concello de Cedeira e a calidade e profesionalidade do grupo "daboapipa" que nos deixou gratamente sorprendidos coa actuación.

O MAGOSTO 2014

Celebramos o MAGOSTO coas seguintes actividades:

  • Traballos de aula relacionados co Magosto e o Outono.
  • Visita do castañeiro.
  • Merenda de castañas.
  • Xogos populares: peonzas e perinolas.
  • Música e baile.
  • DESCARGAR VIDEO RESUMO DO MAGOSTO.

AS REDEIRAS NO COLEXIO

Como se enche unha agulla? , como se fai un nudo? , é díficil facer un rolo? , con que aparello se pesca o rape? e a merluza? , que é un entrallo?..
O mércores 11 de xuño en horario escolar , a Asociación de Redeiras de Cedeira respondeu a estas e outras cuestións da súa artesanía ante todos os nenos e nenas do CEIP Nicolás del Rio que tamén puideron realizar practicas sinxelas cos aparellos , cordas , agullas...
A actividade enmarcada nos Xogos Mariñeiros da Anpa Picapeixe é tamén un recoñecemento e honra a todas as mulleres que traballaron e traballan na rede e aportaron ás súas familias e a Cedeira o seu valor , a súa arte e a súa destreza : Redeira , das túas mans , Cedeira ; faise ó mar!!!. (Preme na imaxe para ver as fotos)

SIMULACRO DE INCENDIO

O martes 9 de xuño fixemos un simulacro de incendios no colexio. Queremos agradecer a protección civil o seu traballo  que foi exemplar.

VISITA DO HISTORIADOR RAFAEL USERO

Rafael Usero, un gran historiador da nosa Vila, visitou aos nenos e nenas de 6º de Educación Primaria.

VIDEO DO ENTROIDO

Xa temos dispoñible o video do desfile do Entroido do Ceip Nicolas del Río. Queremos agradecer dende o colexio a aportación do pai de Lucía Blanco Hermida de "5 anos A", por pasarnos o video. Preme na imaxe.

 

 

O DÍA DO ENTROIDO

O Venres chegou o día do desfile de Entroido do Ceip Nicolás del Río. O vento foi o responsable de facer un percorrido máis curto para evitar cruzar as pontes. A pesar de que as condicións climatolóxicas non deixaron lucir moito o desfile, polo menos puidemos sair e non nos choveu neses intres. Non foi esta semana especialmente alegre na nosa Vila e no Colexio, pero a pesar de todo intentamos disfrutalo logo de todo o traballo feito polos alumnos/as, mestres e coa colaboración de moitos pais e nais que dende aquí lles damos mil gracias. Tamén queremos agradecer a axuda das mestres de prácticas Eva e María, e a Jose Antonio, Magda e Andy que nos acompañaron formando o grupo de música xunto con varios alumnos e a mestre Carmen Lorenzo. Preme na imaxe para ver as fotos que iremos poñendo.

 

DÍA DA PAZ

Ver video do día da paz

EXPOSICIÓN "O PROMETIDO É DÉBEDA"

Na semana do 18 ao 22 de novembro estivo no noso centro a exposición da ONG "Jóvenes y desarrollo" baixo o tema "O prometido é débeda". Os temas que trataba esta actividade eran o comercio xusto, a débeda externa, o 0,7%, a pobreza no mundo, etc... Entre as actividades realizadas destaca a visualización dun video dos 8 obxectivos do desenrolo do milenio para o 2015, a realización dun cuestionario buscando as respostas nos 3 paneis e o análise e reflexión dos temas tratados. Preme na imaxe para ver as fotos.

O MAGOSTO

O xoves 14 de novembro, celebramos o Magosto no cole. En Educación Infantil os nenos e nenas participaron nuns obradoiros nos que esfollaron e debagaron o millo, fixeron zonchos de castañas, elaboraron a castañeira, decoraron a caixa coa castaña e ourizo e visionaron "Xian e o castañeiro" e "A castaña que estoupou da risa". En primaria, bailaron as peonzas, e logo comeron as castañas xunto coa leite. Preme na imaxe para ver as fotos!!!

 

Maias de maio

Este venres, aproveitando que o mes das flores remata, celebramos unha pequena festa cos máis pequeños do cole.
Os nenos e nenas de educación infantil colaboraron co seu ramiño de flores traido da casa, e vestidos de Branco, nestas primeiras “Maias de Maio”, unha exaltación da cultura tradicional galega arredor das flores de maio.
E como nunha festa ten que haber baile e música, os nenos e nenas interpretaron danzando dúas pezas musicais, para o que contamos coa colaboración e bo facer musical de Cuxa e Jose Antonio. Gracias a todos e todas por colaborar!!!

Visita da garda forestal

Un equipo de forestais da Xunta de Galicia, visitou o centro para falarlles aos nenos e nenas do seu traballo. A charla foi moi entretida xa que lles mostraron contos, videos, imaxes, etc... aprenderon moito sobre os incendios nos montes e fixéronlles numerosas preguntas.

MURAL EDUCACIÓN INFANTIL

Mural feito polos nenos e nenas de Educación Infantil....

G

CONCURSO DEBUXO FOJETEIROS!!!

No concurso de debuxo do Nadal, Fojeteiros, organizado polo concello de Narón, participaron os nosos alumnos e alumnas. Estes foron algúns dos gañadores....

OBRADOIROS NA EDUCACIÓN INFANTIL

 

En Educación Infantil, as mestras organizaron uns obradoiros relacionados co MAGOSTO. Os nenos e nenas aprenderon a facer zonchos coas castañas, a debullar e esfollar o mainzo, viron un video e fixeron un pequeno libro. Para rematar bailaron con música en directo. Preme na imaxe para ver as fotos da actividade.

MAGOSTO E DÍA DO PEÓN

 

O xoves 15 de novembro celebramos o día do Magosto e o día do peón. Os nenos e nenas de Educación Primaria comeron castañas, beberon moita leite e xogaron coas peonzas no patio. A climatoloxía permitiu que a actividade tivera moito éxito e todos o pasaron xenial. Preme na imaxe para ver algunhas fotos da xornada...

SAMAÍN NA ESCOLA

Chegou o Samaín a escola, dan man do mestre Rafael López Loureiro (Calel) e os seus alumnos de 5ºC, "SAMAÍN NA ESCOLA, UN MUNDO DE TRADICIÓNS, DE CULTURA, DE SENTIMENTO E LEDICIA".

 

XOGOS POPULARES

Chegou o fin de curso, e como vimos facendo tradicionalmente, participamos nunha sesión de xogos tradicionales e populares. A chave, a comba, o brilé, sogatira, zancos, mariolas, chapas, peonzas, canicas e outros xogos foron os protagonistas xunto cós nenos e nenas no último día de clase. Preme na imaxe para ver todas as fotos....

Distribuir contido


by Dr. Radut