Skip to main content

APRENDIZAXE COLABORATIVA

OBRADOIRO COMECOCOS - ORGANIZADO POLO ALUMNADO #bibliotecainclusiva #Axenda2030 #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Aquí temos o primeiro obradoiro deseñado polo noso alumnado.

Elena agasallou o alumnado cun obradoiro de comecocos.

O primeiro paso foi cubrir a solicitude e explicar o seu obradoiro,

material necesario, número de persoas que podían asistir...

Entregou a solicitude e puxémoslle unha data para realizar a formación e un selo.

Antes de chegar o día fixo o cartaz, nun ordenador da biblioteca, e unha cunha táboa para apuntarse.

Imprimimos e pegamos o cartaz no corcho dos avisos. Así a xente que o desexou puido apuntarse.

Elena, desenvolveu un obradoiro que todas e todos gozaron.

Soubo expoñer estupendamente os pasos para realizar a manualidade.

Estamos ledos de empoderar ao noso alumnado!

BIBLIOTECA HUMANA #aBEtenapalabra #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

As bibliotecas e o Concello de Cedeira unimos os esforzos para dar voz ao pobo porque

todas e todos temos algo que contar. A oralidade é parte do noso patrimonio inmaterial,

reflexa a nosa identidade cultural e social, a de todas as persoas que

conformamos a vila: os de sempre, os que viñeron e os que marcharon,

pois todos/as imos deixando pegada e conformando a nosa sociedade.

 

Agradecemos a túa colaboración! Prema na ligazón e cubre o formulario.

 

 

 

TEATRO CLUB SYLVANIAN FAMILIES #bibliotecasescolares #bescolaresgal

A finais do primeiro trimestre o alumnado do Club Sylvanian

Families sorprendeunos cunha actividade.

Tiñan unha obra e querían facer teatro de sombras e a iso se puxeron!

Este o seu primeiro ensaio na aula de teatro!

Parabéns mozas e mozos!

 

 

CREA O TEU OBRADOIRO OU FALADOIRO! #bibliotecainclusiva #Axenda2030 #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Sabedores do voso potencial, xa o tedes amosado en moitas ocasións,

queremos propoñervos que deseñedes os vosos propios obradoiros ou faladoiros.

Seguro que sabedes facer algo de marabilla: lettering, unha manualidade,

un experimento, un actividade de costura, reciclados...

Ou falar, diso tamén temos constancia, pero hai temas dos que sabedes a moreas

e quedamos pasmados escoitándovos: un animal, un fenómeno físico, unha lenda,

o mar, un conto, a recomendación dun libro...

Pasade pola biblioteca e apuntádevos!

Vos estamos esperando! Todos temos algo que contar!


 

 

 

 

 

GRUPOS INTERACTIVOS - COMUNIDADES DE APRENDIZAXE #Axenda2030 #grupos interactivos #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Os Vagalumes continúan cos grupos interactivos das comunidades de aprendizaxe.

Así aprenden xogando e reforzan os contidos traballados na aula.

A biblioteca convértese nun gran laboratorio de aprendizaxe.

 

Sempre respectando o protocolo Covid.

Verbas de Cedeira #EuQuedoNaCasa #bescolaresgalAbertas

Os Vagalumes necesitan da colaboración cidadá.

Antes de que esta pandemia azoutaseas nosas vidas, na aula de 4º A e en

1º de Bacherelato (Antropoloxiía e Cultura Científica) seguían co seu proxecto intercentros sobre o patrimonio inmaterial.

Estaban a recoller todas as verbas da nosa vila, preguntando aos máis sabios: as avoas e os avós.

Hoxe queremos abrir a colaboración a toda a comunidade educativa. Pois xuntos podemos crear mellor.

Trátase de poñer unha palabra propia da nosa vila e explicar o que significa.

Os nosos Vagalumes irán recollendo as vosas aportacións creando memoria colectiva.

Podedes poñer as vosas verbas nestes enderezos:

https://facebook.com/bibliotecacarloslabranha/…

@beCarlosLabrana

biblio.nicolas.del.rio@gmail.com

 

Xornada de teatro escolar

O alumnado que participará nas Xornadas de Teatro xa leva case dous trimestres de andaina.

Biblioteca do centro e auditorio son os seus dous referentes de ensaios.

Expresión oral, comprensión lectora, dramatización, oralidade, aprendizaxe cooperativa e colaborativa,

manexar tempos de espera, actitudes como respecto, esforzo, axuda aos demais,

poñerse no sitio doutro... son só algúns dos beneficios desta actividade.

Parabéns rapazada! Estamos orgullosos de todos e cada un de vos!

Axenda representación Os Furabolos con "A pequena compaña" de Carlos Labraña.

Entrevista a Carlos Labraña en Radio Experimental.

CONTRA O CAMBIO... EU CAMBIO. E TI?

AS BIBLIOTECAS ESCOLARES DA VILA CONTINUAMOS A TRABALLAR NO PROXECTO DO MEDIO AMBIENTE.

 

APOSTAMOS POLA RECICLAXE, PERO QUEREMOS DEIXAR CLARO QUE O MÁIS IMPORTANTE É A REDUCCIÓN DO USO DE CERTOS MATERIAIS, POR EXEMPLO O USO DO PLÁSTICO.

ASÍ ARGALLAMOS UN CONCURSO PARA TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA.


OLLADE AS BASES AO FINAL DA ENTRADA.

 

DENDE A BIBLIOTECA CARLOS LABRAÑA PROPUXEMOS UN OBRADOIRO, TODOS OS VENRES, PARA QUEN DESEXE REALIZAR BOCEXOS E MAQUETAS NA XORNADA DO RECREO.

MOITA SORTE A TODAS E TODOS!

PEGADAS, RASTROS E SINAIS - PROXECTO INTERCENTROS

O PROXECTO INTERCENTROS CONTINÚA DA MAN DOS VAGALUMES E O ALUNADO DE 1º DE BACHERELATO (ANTROPOLOXÍA E CULTURA CIENTÍFICA).

NESTA OCASIÓN SOLICITARON AXUDA E DOCUMENTACIÓN A ANDRÉS TOXEIRO, EXPERTO RASTREXADOR DE ENTORNOS NATURAIS, PERSOAS E VEHÍCULOS.


AS PRIMEIRAS DOCUMENTACIÓNS PROPORCIÓNANSE NAS BIBLIOTECAS ESCOLARES DO CEIP E DO IES, NAS QUE FIXO UNHA EXPOSICIÓN PARA RECOÑECER INDICIOS E DEIXAR CLAROS OS CRITERIOS Á HORA DE DIFERENCIAR RASTROS, SINAIS... (número de dedos, silueta, presencia de unllas ou non, tamaño, etc.). ASÍ POUCO A POUCO FORON PROFUNDIZANDO NA MATERIA. O ALUNADO REMATOU CUNHA ROLDA DE PREGUNTAS PARA ACLARAR DÚBIDAS OU CUESTIÓNS DO SEU INTERESE.


A SEGUINTE XUNTANZA CONSISTÍU NUNHA SAÍDA DIDÁCTICA AO CRISTO DOS CARRÍS, NA CAPELADA, PARA REALIZAR UNHA ACTIVIDADE PRÁCTICA DE RASTREXO. O ALUMNADO DEDICOUSE A OBSERVAR, A LER O MONTE NA BUSCA DE INDICIOS. ENTRE OUTROS SINAIS, ATOPARON FECES TUBULARES DE LOBO, QUE DAN CONTA DUNHA PEQUENA COLONIA DUNS CINCO LOBOS QUE APARECEU FAI UNS CATRO ANOS, SEGÚN CONSTATA ANDRÉS TOXEIRO.


AS BIBLIOTECAS ESCOLARES DE CEDEIRA QUEREN DAR AS GRAZAS A ANDRÉS TOXEIRO POR ENSINARNOS TANTO, POR AMOSARNOS O QUE TEMOS E DARLLE VALOR, POR ENSINARNOS NOVOS CÓDIGOS DE LECTURA E POR SEMENTAR ACTITUDES DE COIDADO E PROTECCIÓN DA NATUREZA.


 NOTICIA A VOZ DE GALICIA

 

CLUB CONTAMINACIÓN - RADIO EXPERIMENTAL

OS VAGALUMES REALIZARON UN PROGRAMA DE RADIO COA INTENCIÓN DE DIFUNDIR DIFERENTES MEDIDAS PARA MELLORAR O MEDIO AMBIENTE NA VILA DE CEDEIRA.

ESTE PROCESO FOI LENTE E MEDITADO. PRIMEIRO FORMARON GRUPOS CON INTERESES SEMELLANTES. DIARIAMENTE MANTIVERON REUNIÓNS PARA DIALOGAR E CHEGAR A UN CONSENSO SOBRE O QUE QUERÍAN FACER. DESPOIS DUNHAS SEMANAS DE TRABALLO CADA GRUPO TIÑA CLARA A TEMÁTICA E REALIZARON REUNIÓNS COA TITORA PARA TRANSMITIR AS SÚAS IDEAS. POSTERIORMENTE, DECIDIRON COMO TRANSMITILAS E A MEIRANDE MAIORÍA VEU A RADIO EXPERIMENTAL COMO UN MEDIO DE DIFUSIÓN DA INFORMACIÓN QUE CHEGA A MOITA XENTE DA VILA.

ASÍ OS GRUPOS CONTINUARON CO SEU TRABALLO, AS IDEAS FORON PASADAS A TEXTO EN PAPEL E LOGO A LIMPO NAS ESCALETAS DE RADIO. SEGUIRON CON ENSAIOS DE VOZ NA BIBLIOTECA CARLOS LABRAÑA, TIÑAN QUE APRENDER A DAR ÉNFASES, ENTONAR, VOCALIZAR E SER MOI COHERENTES CO TEXTO A COMUNICAR. FACER UN PROGRAMA DE RADIO NON É SINXELO, TRANSMITIR E QUE UN PÚBLICO ENTENDA O QUE UN GRUPO PENSA TEN AS SÚAS DIFICULTADES.

POUCO A POUCO AS VAN SALVANDO.

HAI GRUPOS QUE FIXERON PREGUNTAS AO ALCALDE, PABLO MOREDA, E A ASOC. ARCE (BELÉN) E QUE XA SE REALIZOU A PUBLICACIÓN DA SÚA ENTREVISTA NOUTRA ENTRADA DA BIBLIOTECA.

O GRUPO DE MIGUEL, MARINA, ALFONSO E ANDRÉS DECIDIRON CREAR UN CLUB DE CONTAMINACIÓN.

O EQUIPO DE XIÁN E MIRANDA CREEN QUE PROPOÑER MEDIDAS PARA REDUCIR O PLÁSTICO NO CENTRO E NA VILA SERÁ UN MOI BO OBXECTIVO.

O GRUPO DE NOA, SARA E ELENA AMOSARON A SÚA SENSIBILIDADE RECITANDO POESIAS SOBRE O MEDIO AMBIENTE.

DESTACAR QUE NOA É A SÚA CREADORA E SORPRENDEU GRATAMENTE ESTA NOVA FACETA.

TODOS OS VAGALUMES DAN FONDO AO PROGRAMA RADIOFÓNICO CON DÚAS CANCIÓNS QUE APRENDERON NO PRIMEIRO TRIMESTRE.

"QUE CANTEN LOS NIÑOS" DE JOSÉ LUIS PERALES E "CANCIÓN DE LOS RÍOS" DE CANTA Y APRENDE, TRABALLADA NO PROXECTO INTERCENTROS.

AQUÍ TEMOS O RESULTADO FINAL!

Distribuir contido