Skip to main content

RECICLAXE

COELLIÑOS CON OVEIRAS #BibliotecaCreativa #bibliotecainclusiva #STEAM #bescolaresgal #bescolaresgalabertas


O alumnado de segundo recolle reciclados para crear

un proxecto artístico con oveiras e cartón. Así dan vida a uns coellos

cheos de tenrura e fantasia. O resultado foi máis que gratificante,

o control do espazo de traballo cada vez é máis preciso,

da gusto ver os avances!

 

Engadimos marcapáxinas por se é do gusto dalguén.

 

 

 

MANUALIDADES DE ENTROIDO #poloscreativos #bibliotecacreativa #bescolaresgal

Mestres e alumnado están traballando a esgalla para

facer un entroido de Banda Deseñada. Os recursos da Biblioteca Creativa

e Polos Creativos botan fume: máquinas de coser,

pistolas de silicona, teas, fíos, pinturas, cartóns...

Aquí algúns detalles.

 

 

 

 

 

 

RECICLAXE ACEITE USADO #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

O Concello de Cedeira acaba de impartir unha xornada de

sensibilización cara a reciclaxe do aceite

usado ao alumnado de 5º e 6º de Primaria.

Aprenderon como evitar que chegue o aceite ata o río e

o dano que fai o aceite ás diversas especies que viven no mar.

Proporcionáronlles tamén, un coador para facer o trasvase na casa

e un folleto de diversos entornos ao redor do Río Condomiñas.

Agora, só temos que comezar a reciclar!

 

 

 

RECOLLIDA RECICLADOS #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

 

 

 

 

 

 

 

FORMACIÓN BIBLIOTECA CREATIVA ALUMNADO E PROFESORADO #arte #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Este venres 3 de marzo, o alumnado en xornada de mañá e o

profesorado en xornada de tarde, gozou de formación en Biblioteca Creativa.

Realizouse un obradoiro de creación de monicreques.

Primeiro aprenderon a manexar a voz e relaxarse para contar historias e

posteriormente crearon un monicreque.

Para iso Ton Arenas, da compañía Mircromina, asesorou na creación e amosou

como con materias reciclados, como o cartón, un pode crear títeres únicos e fantásticos

aos que darlles un nome e crear, con eles,  un guión para unha pequena representación.

Foi unha formación moi productiva, na que alumnado e profesorado,

poderán guiar a outro alumnado na creación de máscaras, monicreques, disfraces...

 

 

 

CLUBS 5º E 6º PRIMARIA - POR UN ALUMNADO EMPODERADO! #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Os clubs de alumnado de 5º e 6º de primaria teñen en marcha

diversas actividades que agora mesmo están a pleno rendemento.

No club de inventos están facendo duendes con calcetíns.

Os dous clubs de teatro andan a voltas cos ensaios das súas obras, escritas por elas e eles.

No club de reciclaxe hai cartón por doquier,

están facendo a árbore de Nadal coas súas decoración.

No club de baile non paran de mover o esquelete.

O comezo foi algo confuso, pois os clubs solapábanse en horarios e membros.

Pero tras a conversa e a reflexión chegou a calma e agora as datas son as seguintes.

Luns: Club de inventos

Martes: Club de reciclaxe

Mércores: Club de baile

Xoves e venres: Clubs de teatro (un grupo cada día).

 

 

 

CLUBS CONVOCATORIA #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

O ano pasado a pandemia deixou algo bo, foi que o alumnado se autorganizara,

sen darnos conta rapazada que non podía acudir a diario á biblioteca

(polas limitacións) se autoxestionou,

colocouse no espazo e montou clubs para argallar.

Este ano dun xeito moito máis formal, pero con moita autonomía,

fan as súas propostas para que o alumnado que o desexe forme parte do club.

En principio, teremos reciclaxe, baile, teatro e inventos.

 

 

A TENDA NA BIBLIO #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

 

Reciclado, coñecemento das moedas e billetes, sumas, restas,

problemas, cálculo mental, aproximacións...

Xogar e ao mesmo tempo aprender. 

A biblioteca convertida en tenda!


 

 

 

PROTOCOLO MEDIO AMBIENTE #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

 

Dende fai uns anos seguimos un Protocolo do Medio Ambiente

creado polo alumnado: apagar luces e traballar a ser posible con luz natural,

reducir, reutilizar e reciclar todo cando podemos, utlilizar o composteiro,

o plástico está fóra das compras, fotocopiar por ambas caras...


 

 

ENCONTROS PLAMBE 2021-2022 #EPLAMBE22 #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

A Biblioteca Escolar "Carlos Labraña" presente nas xornadas Plambe.

Un lugar de encontro para compartir experiencias e continuar unha formación que nunca remata.

Pois a escola ten que ir cos cambios sociais, dixitais... coa vida!

Unha foto dun intre da xornada e a nosa aportación co obradoiro: Unha carta a Percebiño!

 

Obradoiro de manualidades! En mans da rapazada! #EuQuedoNaCasa #bescolaresgalAbertas

Un mércores calquera na hora do recreo isto estaría a acontecer...

E isto voltará a suceder, pero polo momento, imos facer unhas propostas para reciclar, facendo manualidades dende a casa.

 1º- Quebracabezas con vasos ou tapas: Dálles cor ás tapas, rolos de papel hixiénico,

vasos de iogur ou outro material de refugallo, monta 2 taboleiros coas 3 cores que escollas… e toca enredar un pouco. 

É unha proposta de Olga Patiño Abeixón.

2º "Orig Melra" Poesía e origami da man de Victor Rodríguez.

No tempo de botar o liño,
agachado na silveira,
canta o melro melriño
a vida da Primaveira.

Se chove, chove amodiño
sobor da flor das cerdeiras.
¡E o melro, melro, melriño
canta de moitas maneiras!

Poema de: Manuel María (Terra Chá, 1954)

Música: “Brincadeira” de Begoña Riobó e Xosé Liz

Ambas publicacións de Aulas Galegas.

Podedes compartir as vosas creacións a través de:

https://facebook.com/bibliotecacarloslabranha/…

@beCarlosLabrana

biblio.nicolas.del.rio@gmail.com

 

PROXECTO "Contra o cambio... eu cambio. E ti?" #euquedonacasa

A proposta de hoxe vai adicada a complementar o noso proxecto "Contra o cambio...eu cambio. E ti?"

Estes días tamén podemos facer moito polo medio ambiente.

Non esquezades reciclar e pero aínda máis reducir

(seguro que é algo que todos estamos facendo, aproveitar ao máximo cada producto).

Convidámosvos a entrar nestes xogos e links e a través deles aprender

unha morea de cousas, pero xogando que é o que máis nos gusta facer!

NESTA CASA NON SE TIRA NADA!

RECOLLE (xogo de asociar de 3 a 6 anos)

CORRE E PERCORRE (de 6 a 12 anos)

ÚNETE, TI DECIDES (xogo de toma de decisións de 12 a 16 anos)

APÚNTATE AL COMPOSTAJE

TU PAPEL ES IMPORTANTE

ANIMALES DE LA FAUNA ESPAÑOLA

LA BASURA A CADA CONTENEDOR

¿DONDE ESTÁ EL ERROR?

SALVA A LAS EXPECIES DE LA EXTINCIÓN

LOLA Y TOMEU. CUENTA ATRÁS.

TOMEU COLOREAR

LOBA LOLA

OSO ROBIN BIODIVER

COKITOS RECICLAJE

LIMPIA EL RÍO

RECURSOS RECICLAXE EN PDF (primaria)

RECURSOS RECICLAXE EN PDF (infantil)

RECURSOS RECICLAXE EN PDF (adultos)

RECURSOS EDUCATIVOS DE RECICLAJE (a maioría pdf)

Vídeo compostaxe

Vídeo contaminación ambiental para niños

Coidado do medio ambiente vídeo

Obradoiro de manualidades! En mans da rapazada!

O alumnado empodérase e continúa deseñando obradoiros.

Neste caso as artes e o steam son a base da actividade.


Realízano dende o comezo, sen saltarse ningunha fase.

Xúntanse e definen que levará a actividade, realizan unha lista dos materiais necesarios (será a base de reciclados),

deseñan o cartaz para promocionar o obradoiro,

fan unhas táboas para que se apunte o alumnado e na data sinalada levan a cabo o obradoiro.


Como sempre, ocorren cousas que hai que contar; estas grandísimas persoas non só fixeron todo este traballo, e por certo moi ben realizado, senón que comezan o obradoiro e escoitas a un deles consultar en cal lingua levarán o obradoiro.

Conversan e axiña, sen dubidar, din: - en galego.

- Nenas, nenos, todos falamos en galego (coméntanlles aos participantes no obradoiro).

Un pracer de rapazada!

RECICREA!

Exposición dos traballos do noso alumnado para o Recicrea.

Agora viaxarán para a exposición no Ies Punta Candieira e a posterior decisión do xurado.

Moita sorte a todas e todos!

 

Chega o composteiro!

Unha das medidas dentro do proxecto de medio ambiente "Contra o cambio... eu cambio. E ti?"

foi a solicitude dun composteiro ao Concello de Cedeira.

Aqui realizando a sua montaxe.


Na vindeira semana todo o centro poderá darlle uso.

Noticia reparto composteiros.

Podedes documentarvos no seguinte pdf.

 

 

CONTRA O CAMBIO... EU CAMBIO. E TI?

AS BIBLIOTECAS ESCOLARES DA VILA CONTINUAMOS A TRABALLAR NO PROXECTO DO MEDIO AMBIENTE.

 

APOSTAMOS POLA RECICLAXE, PERO QUEREMOS DEIXAR CLARO QUE O MÁIS IMPORTANTE É A REDUCCIÓN DO USO DE CERTOS MATERIAIS, POR EXEMPLO O USO DO PLÁSTICO.

ASÍ ARGALLAMOS UN CONCURSO PARA TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA.


OLLADE AS BASES AO FINAL DA ENTRADA.

 

DENDE A BIBLIOTECA CARLOS LABRAÑA PROPUXEMOS UN OBRADOIRO, TODOS OS VENRES, PARA QUEN DESEXE REALIZAR BOCEXOS E MAQUETAS NA XORNADA DO RECREO.

MOITA SORTE A TODAS E TODOS!

RECICLAR E REUTILIZAR 3º C

O alumnado de 3º C comprometido co medio ambiente crea murais reciclados.

Distribuir contido