Skip to main content

Novembro 2023

CONVOCATORIA PARA AS FAMILIAS - FORMACIÓN DE USUARIOS #Formacióndeusuarios #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Agora é a quenda da comunidade educativa e os diferentes axentes sociais.

O vindeiro 15 de decembro, o voluntariado de 6º de primaria levará a cabo

unha formación de usuarios para as familias. Para realizar esta visita agradecemos

que vos apuntedes seguindo as indicacións do cartaz,

aínda que non queremos que ninguén quede sen facer a visita,

se é que pode vir no último momento.

A rapazada vos guiará pola Biblioteca Lía a través dunha presentación,

vos explicará que é a CDU, fará un mini xogo e vos acompañará a unha

visita guiada polas instalacións. A formación durará aproximadamente unha hora.

Esta formación é algo necesario e importante, as portas da biblioteca e da escola

ábrense ese día para que as familias coñezades un espazo cheo de recursos,

que alberga múltiples proxectos. Un espazo que é da rapazada pero tamén do pobo.

Esperamos vervos o 15 de decembro ás 12:30h. na Biblioteca Escolar "Carlos Labraña".

 

 

 

 

 

 

ENERXÍA E XOGUETES - JAVIER CALVO NA BIBLIOTECA HUMANA #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #STEAM #poloscreativos #bibliotecacreativa #bescolaresgal #MesDaCienciaEnGalego #Ciencia

Javier Calvo agasállanos cos seus coñecementos sobre

electricidade e ofrece unha charla taller ao alumnado de 3º.

Enerxía e xoguetes próximos a unhas datas con tempo para investigar.

Unha actividade enmarcada na Biblioteca Humana/Polos Creativos, 

no programa "Lectura e familas" da Asesoría de Bibliotecas.

 

 

 

 

 

 

NOVIDADES EN BANDA DESEÑADA - CÓMIC #UnhaBEenViñetas #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

 

 

 

 

 

CONTACONTOS CON MARIBEL FERNÁNDEZ #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #STEAM #poloscreativos #bibliotecacreativa #bescolaresgal

 
 
 
Este mércores visitounos outra familia,
Maribel Fernández Pazos e veu cunha sopa moi rica.
"A mellor sopa do mundo" De Susanna Issern (Autora), Editorial OQO.
Unha actividade do programa Lectura e Familias,
a través da Biblioteca Humana-Polos Creativos.
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

XI Foro da Infancia Unicef - CLIA CEDEIRA #CLIA @UNICEFGalicia #Cedeira #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Un grupo representativo do Consello Local da Infancia e Adolescencia de Cedeira

participou, o martes 28, no XI Foro da Infancia Unicef que se desenvolveu no

Parlamento de Galicia, no que tamén tomaron a palabra integrantes

doutros once municipios que contan con este organismo de participación.

Foi unha experiencia fermosa, na que a voz da rapaza se escoitou alta e clara.

 

 

 

 

 

 

 

 

RECREOS NA BIBLIOTECA! #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

 

 

 

 

 

 

LECTURAS COMPARTIDAS INTERNIVEIS #LecturasCompartidas #bescolaresgal #bibliotecainclusiva #igualdade #bescolaresgalabertas

 

As veces só necesitamos tempo, darlles tempo.

Catro grupos cooperativos de segundo prepararon o conto

"Corre, corre cabaciña". A idea era lelo en grupo, organizarse e

preparalo nas horas de ler que necesitaran. A mestra daría

indicacións se o pedían e escoitaría a dramatización sempre

que eles o solicitasen. Cada un foi organizando, tiveron conflictos,

por suposto, uns botaron máis días resolvéndoos que outros, natural,

cada quen xestiona as emocións como sabe, pode ou o contorno llelo permite.

A mestra intercedía para solventalas cando o pedían ou notaba que era

necesario encauzalos. Pero a meirande parte do tempo, a pasaban lendo

e cada vez, aparecía máis dramatización: voces, acenos... e mil ideas para

engalanar a lectura. Estaban lendo para ser escoitados e iso non ten prezo,

é o culmen, o desexado. Aprender a ler con sentido, porque importa o que contamos.

Podedes ver as caras de felicidade, tanto dos que len, como dos que escoitan.




 Tamén un anaco dunha das lecturas que resume nuns

segundos ata onde poden chegar dándolles tempo e certa liberdade.

Parabéns rapazada!

Ao rematar, ensínanlles o obxecto que acompaña ao conto, unha casa de

cabaza con boneco e camiña incluída, todo en tecidos naturais da artesá Carmen Lorenzo.

Por suposto, para xogar!

 

 

 

 

 

NOVIDADES EN FONDOS 25N #nonhaiexcusa #25N #bescolaresgal #igualdade #bibliotecainclusiva #bescolaresgalabertas

Na Biblioteca Escolar "Carlos Labraña" tedes a vosa disposición os

libros de Menstruita, o proxecto de educación sexual de Cristina Torrón.

 

 

 

CLUB DE LECTURAS "CHOCOLATE CON LIBROS" #Clubsdelectura #bescolaresgal #bescolatesgalabertas

Xa van varias reunións nos Clubs de Lecturas.

Esta rapazada empeza a viaxar sen moverse da biblioteca.

Conversan, dan opinións, falan de gustos, reflexionan...

porque ler, é moito máis que decodificar.

Gozade moito dos libros, rapazada! Deses que fan tremer, chorar,

rir, namorarse, odiar e amar... dos que nos poñen os pelos

de punta e nos fan sentir mil emocións.