Skip to main content

Novembro 2023

LECTURA E FAMILIAS CON ALMUDENA MOLINA #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #STEAM #poloscreativos #bibliotecacreativa #bescolaresgal

Almudena Molina agasalla á rapazada de segundo cun contacontos

"La mochila invisible" de Stefanie Sherbon

(Autora), Editoria: Independently published.

Unha actividade do programa Lectura e Familias,

a través da Biblioteca Humana-Polos Creativos.

 

 

 

 

 

 

CONTACONTOS CON MÓNICA BELLAS #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #STEAM #poloscreativos #bibliotecacreativa #bescolaresgal

Mónica Bellas agasalla á rapazada de segundo cun contacontos

"Don Medricas" e "Dona Fachendosa" de Roger Hargreaves

(Autor), Editorial Alhambra.

Unha actividade do programa Lectura e Familias,

a través da Biblioteca Humana-Polos Creativos.

 

 

 

 

 

 

GRUPOS INTERACTIVOS COAS FAMILIAS #Axenda2030 #ODS #FamiliasnaBE #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #AprenderaPensarnaBE

As familias dos Vagalumes volven semanalmente

realizar os grupos interactivos na biblioteca ou na aula.

Hai cinco grupos cooperativos cun adulto que dinamiza a actividade,

encargándose de promover a participación de todo o alumnado e

asegurandose que entenden e son quen de

explicar a actividade e posteriormente, realizándoa.

Cada 15/20 fan un cambio e tódolos grupos van rotando por

tódalas actividades. Nesta semana tocou completar os ósos do

esquelete buscando a información nos fondos da biblioteca,

xogaron a comprar productos e pagalos, realizaron unha comprensión

lectora sobre a alimentación saudable, recordaron as normas ortográficas

por medio de ilustracións e traballaron os meses do ano e as estacións.

 

Para asistir a esta actividade as familias asinan uns permisos e un documento de confidencialidade.

 

 

 

 

FONDOS DÍA MUNDIAL DA INFANCIA #DiaMundialdelaInfancia #DiaMundialdaInfancia #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Pasade coller o voso! Se tedes dúbidas,

preguntade ao profesorado ou o voluntariado.

 

Aberto a toda a comunidade en horario de

16:00 a 17:00h., luns, mércores, xoves e venres.

DÍA MUNDIAL DA INFANCIA UNICEF

 

 

 

 

 

OBRADOIRO AUGAS DE GALICIA #AugasdeGalicia #MesDaCienciaEnGalego #Ciencia #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Na pasada semana recibimos a visita de Augas de Galicia

para recibir unha charla de sensibilización e un obradoiro sobre as inundacións.

Riscos, desbordamentos de ríos, consecuencias,

efectos negativos dun fenómeno natural e necesario.

Para ver algúns vídeos e obter máis información

podedes achegarvos ao seu blog: Augas de Galicia.

 Na súa visita realizaron unha donación de guías dos Bolechas,

Coidamos a auga, para todo o alumnado de infantil.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

PROGRAMANDO CON SCRATCH #MesDaCienciaEnGalego #Ciencia #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #poloscreativos

O alumnado de 5ºA, nas sesións do proxecto competencial,

aprenden a programar con Scratch . Comezan cos fondos, son,

escoller personaxes e aprenden a deseñar un código para que as

personaxes realicen as accións que lles encomendan. Esta linguaxe

de programación é moi interesante, pois as habiblidades que o alumnado

adquire, posteriormente pódense aplicar a outras

linguaxes de programación como Python ou Java.

 

 

 

CONCELLO LOCAL DA INFANCIA E ADOLESCENCIA - PRESENTACIÓN #ConcellodeCedeira #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

A rapazada do CLÍA asiste a un pleno do Consello para facer a súa

presentación e expresar a necesidade de formar parte deste consello.

Nen@s e moz@s teñen pleno dereito a expresar as súas opinións,

sempre dun xeito respectuoso, sobre asuntos que lles afectan.

O CLÍA é un órgano de comunicación entre a rapazada e o Concello,

un órgano onde trasladar opinións, necesidades,

inquedanzas á corporación municipal e viceversa.

Este é o 2º curso dun proceso que durará catro para instaurarse totalmente.

Non vos perdades as súas intervencións. Nós estamos orgullosos da infancia e

adolescencia que representa a toda a rapazada.

Teñen as cousas claras e moito que aportar!

Consello da Infancia e Adolescencia

 

 

 

 

MARES DE CEDEIRA MUSEO #PDI #MesDaCienciaEnGalego #ALFIN #AMI #ciencia #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Máis de cincuenta pequenas e pequenos inundaron Mares de Cedeira Museo,

o venres 17, con ollos curiosos e cheos de preguntas.

Alí puideron gozar de dúas visitas:

 

1º-. Unha exposición artística a cargo de Francisco Pérez Alonso,

pintor zamorano. Na que a rapazada tivo o pracer

de escoitar ao autor explicando as súas obras de artes:

- diversos instrumentos musicais tocados e acompañados cos seus cantos.

- pinturas cinéticas de edificios emblemáticos de Ferrol, nos que a obras adquiren

movemento e que cada unha ten unhas centro cincuenta horas de traballo.

- e figuras con moito contido talladas en madeira.

 

2º-. E por suposto, o noso museo do mar, cheo de barcos onde explorar o oficio do

carpinteiro de ribeira, ver o paso do tempo a través das fábricas conserveiras,

ollar anzós e artes de pesca, unha inmensa exposición de cunchas,

crustáceos e rematar cunha historia de viaxes en botella.

Recomendamos a visita e se ides, escoitade a historia!

 

 

 

 

CONCELLO DE CEDEIRA SAÍDA DIDÁCTICA #AprenderaPensarnaBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

O alumnado de segundo de primaria remata a unidade sobre

o Concello e os servizos públicos cunha visita ao mesmo

Concello de Cedeira. Alí tiveron a oportunidade de coñecer a

diferentes traballadores, saber das súas profesións, ollar os

diversos espazos de reunións, conversar con varios conselleir@s

e co alcalde Pablo Moreda. Incluso entraron ver o Pazo de Moscoso reformado,

onde se aloxará Policia Local e Servizos Sociais. Por suposto, falaron, contaron e

opinaron da vida na escola e na vila! Gracias a todos o que fixeron posible esta visita.