Skip to main content

LECTURAS COMPARTIDAS

APADRIÑAMENTOS LECTORES - IES E 3 ANOS E.I. #Lecturascompartidas #TecendoRedes #bescolaresgal #bescolaresgalabertas


Unha das actividades de lectura Plambe máis tenras é o

Apadriñamento Lector, co alumnado de 3 anos e o do Instituto.

Nesta ocasión, os padriños e madriñas foi o alumnado de 1º de Bac.

de Artes Escénicas. As crianzas, de 3 anos este curso propuxeron ser

elas e eles os que visitasen aos seus padriños no instituto e aló foron,

coñecéronse en persoa, conversaron e despois leron os seus libros favoritos.

Xa pasada media xornada estaban preparados para compartir xuntos lecturas

con toda a vila. Así que achegáronse ata San Isidro e sementaron contos,

libros, historias... e moitas risas, para que calquera bo lector, pequeno ou grande,

leve ese libro e o lea, co mesmo cariño que eles o deixaron. Despois queda co

compromiso de volver sementalo, pois a lectura hai que espallala. Gracias a

padriños e apadriñados por tanta tenrura, verbas e risas.

Os lazos que onte creastes que vos duren sempre!


 Clica aquí para ver o vídeo.

 

 

 

 

MOCHILAS VIAXEIRAS #Lecturascompartidas #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

As mochilas viaxeiras seguen a súa ruta pola casas do alumnado.

Aquí unha mostra da mochila de 5 anos.

 

 

 

 

 

 

 

LECTURAS COMPARTIDAS INTERNIVEIS #LecturasCompartidas #bescolaresgal #bibliotecainclusiva #igualdade #bescolaresgalabertas

 

As veces só necesitamos tempo, darlles tempo.

Catro grupos cooperativos de segundo prepararon o conto

"Corre, corre cabaciña". A idea era lelo en grupo, organizarse e

preparalo nas horas de ler que necesitaran. A mestra daría

indicacións se o pedían e escoitaría a dramatización sempre

que eles o solicitasen. Cada un foi organizando, tiveron conflictos,

por suposto, uns botaron máis días resolvéndoos que outros, natural,

cada quen xestiona as emocións como sabe, pode ou o contorno llelo permite.

A mestra intercedía para solventalas cando o pedían ou notaba que era

necesario encauzalos. Pero a meirande parte do tempo, a pasaban lendo

e cada vez, aparecía máis dramatización: voces, acenos... e mil ideas para

engalanar a lectura. Estaban lendo para ser escoitados e iso non ten prezo,

é o culmen, o desexado. Aprender a ler con sentido, porque importa o que contamos.

Podedes ver as caras de felicidade, tanto dos que len, como dos que escoitan.




 Tamén un anaco dunha das lecturas que resume nuns

segundos ata onde poden chegar dándolles tempo e certa liberdade.

Parabéns rapazada!

Ao rematar, ensínanlles o obxecto que acompaña ao conto, unha casa de

cabaza con boneco e camiña incluída, todo en tecidos naturais da artesá Carmen Lorenzo.

Por suposto, para xogar!

 

 

 

 

 

FESTA DA AUGA E DOS CONTOS #STEAM #bibliotecacreativa #bescolaresgal

En agradecemento aos contacontos da rapazada de 5°,

o alumnado de 3 anos os convida á súa festa da auga.

Que ben o pasaron, e que ben o pasamos vendoos desfrutar xuntos!

 

 

 

 

 

 

CONTACONTOS INTERNIVEIS #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Nesta ocasión Julia, Analú e Xabier tiñan preparado un contacontos

para o alumnado de tres anos, pero apareceu un grupo de primeiro

para ensaiar teatro. Como vos anfitrións os convidaron, e o grupo duplicouse,

pero esta rapazada xa ten táboas e soubo facerse con todos,

enganchalos e levalos a "Contín, Contón", un libro de Antón Cortizas,

ilustrado por Leandro Lamas.

Canto disfrutaron, rapazada e mestras!

 

 

 

 

 

CONTACONTOS 3 ANOS E ELENA, SOFÍA E AINHOA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Nesta ocasión Sofía, Ainhoa e Elena cóntalle un

conto ao alumnado de 3 anos no xardín da biblioteca.

Canto disfrutaron! Parabéns rapazada empoderada!

 

 

 

 

LECTURAS COMPARTIDAS - DÍA DO LIBRO #DíadoLibro2023 #Lecturascompartidas #EscribiraBE #bescolaresgal #bescolaresgalaberta

Nesta ocasión Catuxa, Leire e Noa escollen un conto para lerlle ao

alumnado de 3 anos. Cambian verbas por bicos e abrazos.

Nada tan simple, fermoso e valioso coma unha historia para

facer felices ás persoas. Porque iso somos e diso nos alimentamos,

de contos, palabras... Unha iniciativa do alumnado de 5º de primaria

que está colmando de felicidade á rapazada máis pequena. Moitos parabéns!

 

 

 

 

 

 

MOCHILAS VIAXEIRAS #Mochilasviaxeiras #FamiliasnaBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

As mochilas viaxeiras continúan as súas viaxes polas fogares do noso alumnado.

 

 

 

 

 

LECTURAS COMPARTIDAS DÍA INTERNACIONAL DA DISCAPACIDADE #bescolaresgal #bibliotecainclusiva #3dec #DiaInternacionalDeLaDiscapacidad #discapacidade

O alumnado de 6º e 1º de primaria xúntanse para ler lecturas inclusivas.

 

 

 

 

ANTES DA LECTURA "O PRINCIPIO" #Radionabiblio #Axenda2030 #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Iniciamos unha actividade en tres partes.

Deste xeito abordamos a primeira "antes da lectura/antes da guerra".

Da man do alumnado de 4º B, coñeceremos as súas ideas previas para abordar

unha temática dura e difícil, pero necesaria.

As ODS formarán parte fundamental deste pequeno proxecto.

Escoitade á rapazada!

 

 

 

 

APADRIÑAMENTOS LECTORES - INTERCENTROS

O ALUMNADO DE 3 ANOS COMPARTÍU HOXE UNHA XORNADA MOI EMOTIVA XUNTO AO ALUMNADO DE 2º DE BACHERELATO DO IES PUNTA CANDIEIRA.

A LEDICIA ILUMINOU OS OLLOS DE TODOS CANTOS PARTICIPARON.

PARABÉNS POR TANTO DERROCHE DE CARIÑO E VERSOS!

 




 

 

Distribuir contido