Skip to main content

PATRIMONIO INMATERIAL

MAGOSTO #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

 

 

 

POSTAIS DE NADAL - AMIG@ INVISIBLE #bibliotecacreativa #STEAM #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Proposta obradoiros de postais.

Hai que poñer moito amor e creatividade.

O destinatario será calquera amig@ do centro.

Estas son algunhas fotos das creacións.

Artistas!! Felices Festas!


BIBLIOTECA HUMANA - PROXECTO INTERCENTROS

 

As bibliotecas e o Concello de Cedeira unimos os esforzos para dar voz ao pobo porque

todas e todos temos algo que contar. A oralidade é parte do noso patrimonio inmaterial,

reflexa a nosa identidade cultural e social, a de todas as persoas que

conformamos a vila: os de sempre, os que viñeron e os que marcharon,

pois todos/as imos deixando pegada e conformando a nosa sociedade.

 


                                                                                                                                                                          

Este ano o Proxecto intercentros consiste na creación dunha Biblioteca Humana.

Un encontro entre lectores e libros humanos, unha experiencia de transmisión oral e cultural.

A Biblioteca Humana presenta a oportunidade de 'tomar en préstamo' a persoas co obxectivo de achegalas,

valorando as historias, os coñecementos que nos habitan e nos constrúen. Nas Bibliotecas Humanas existentes

a xente le persoas, que son prestadas polas bibliotecas, con datas acordadas, durante 10 ou 30 minutos,

aproximadamente: os primeiros 20 minutos a persoa/libro conta a súa historia e nos últimos

10 a(s) persoa(s) que escoitan teñen a oportunidade de conversar sobre o escoitado.

 

Convidamos a todas e cada unha das persoas a tecer redes compartindo a súa experiencia.

Tomádevos un tempo para ler a carta.

 

e despois cubride o formulario.

 

Posteriormente, con todos os libros humanos voluntarios as bibliotecas brindarán asesoramento para crear a portada do voso

libro vivinte e axudarán na creación dun breve resumo do que ides contar, como a sinopse dun libro escrito.

Feito isto poderiamos realizar unha xornada de encontros.


 

 

 

PROXECTO INTERCENTROS

O ALUMNADO DO IES PUNTA CANDIEIRA E DO CEIP NICOLÁS DEL RÍO

COMEZAN UN PROXECTO INTERCENTROS SOBRE A MÚSICA NA NOSA VILA.

INFORMAN ÁS FAMILIAS E SOLICITAN A SÚA PARTICIPACIÓN E IMPLICACIÓN.

FORMULARIO DE PARTICIPACIÓN

"PEGADAS NA IAUGA" A semente que agroma. #euquedonacasa #bescolaresgalabertas

 

Un proxecto que agroma, nunha situación difícil e complicada, pero os bimbios da xuventude son fortes.

"Pegadas na Iauga" é unha árbore que medra e se espalla, unha árbore de folla caduca que reverdece nas primaveras, unha marea que volve...

 

O alumnado do proxecto intercentros dinos: - Deica logo!

cun video - podcast do seu proxecto intercentros.

 

 

Agradecer a todas as persoas que fixeron que a semente agromara.

 

 

 

PROXECTO INTERCENTROS VAGALUMES - IES

O PROXECTO COMPARTIDO POLOS VAGALUMES DE 4ºA E O ALUMNADO DO IES (ANTROPOLOXÍA E CULTURA CIENTÍFICA DE 1º DE BACH.) DEIXA PEGADA NESTE PRIMEIRO TRIMESTRE. FIXERON INNUMERABLES TAREFAS DE INVESTIGACIÓN XEOLÓXICA CENTRADA NA CAPELADA. NESTES VÍDEOS AMOSAN O PESO DUN PROCESO NECESARIO PARA DESCOBRER, RESOLVER E APRENDER UNHA MOREA DE INCÓGNITAS QUE SE PLANTEXARON AO COMEZO DA INVESTIGACIÓN.

DOCUMENTACIÓN: o alumnado acude á Biblioteca Carlos Labraña para solucionar dúbidas, algúns acuden tamén á Biblioteca Municipal López Cortón. En ocasións cubren datos nunha ficha co obxectivo de crear unha mecánica na busca (salas, coñecer CDU, tejuelo,...) e localización.

LIÑA DO TEMPO: Coñecida e traballada a información na aula, estruturan a máis importante nunha liña do tempo que decoran polos corredores dos pasillos fronte á aula.

NOVAS TECNOLOXÍAS: A escola ten que ir coa sociedade, sería inviable investigar como fai 20 anos, a sociedade actual está inmersa nas tecnoloxía e posiblemente sexan unha das actividades máis motivadoras para as pequenas e os pequenos. A escola ten a obriga de ensinar a utilidade educativa que escornabots, ipads... poden ofertar ao alumnado.

DRAMATIZACIÓN E MINI AVALIACIÓN: Xogar a ser para aprender. O alumnado convértese en paleontólogos e paleontólogas e busca diferentes fósiles. Achados, teñen que limpalos e avisar ao capataz ou capataza para que xuntos cubran a ficha paleontolóxica, onde serán avaliados dos coñecementos aprendidos. Poñerán o lugar do achado, a peza, a era á que corresponde, se era de mar, terra ou aire... Agradecer a colaboración de Belén e Andy, pois sen a súa colaboración sería complicado realizar todas as tarefas nese tempo.

Neste inicio do proxecto realizaron outras moitas actividades, por exemplo interactivos coas familias sobre o proxecto, saídas con todo o alumnado á Capelada para recibir máis documentación da man de Francisco Canosa e Jorge Bellón...

ESTE PROXECTO AÍNDA ESTÁ EN PROCESO E POUCO A POUCO PUBLICARASE MÁIS INFORMACIÓN.

XUNTOS SOMOS MELLORES!

DOCUMENTAL "AS LAVANDEIRAS"

NA HONRA DE TODAS AS QUE DEIXARON UN BRANCO ESPECIAL.

AGRADECER ÁS FAMILIAS E AO POBO A TRANSMISIÓN ORAL E O ACOMPAÑAMENTO PARA CONSEGUIR QUE O PATRIMONIO PERMANEZA VIVO.

DRAMATIZACIÓN E DOCUMENTAL ELABORADO POLO ALUMNADO: VAGALUMES DE 3ºA E ANTROPOLOXÍA DE 1º DE BACHERELATO XUNTO COAS AVOAS LAVANDEIRAS E AS ATURUXEIRAS DE CEDEIRA. COLABORAN NA MÚSICA: BEATRIZ LEONARDO, ELSA LÓPEZ, FERNANDO VILLAR, MARCOS CASAL, LARA LABRAÑA, ANXO MOREDA E ANDREA LOUREIRO (alumnado de ambos centros) e SILVIA PICOS.

 

DÍPTICO "PEGADAS NA IAUGA" PATRIMONIO INMATERIAL: A SEMENTE

A DIFUSIÓN DO PROXECTO INTERCENTROS CHEGOU A TRAVÉS DA CREACIÓN DUN DÍPTICO CON QRs

QUE LEVAN A ALGUNHAS DAS TAREFAS REALIZADAS POLO ALUMNADO DE ANTROPOLOXÍA DE 1º DE BACHERELATO

DO IES PUNTA CANDIEIRA E OS VAGALUMES DE 3º A DO CEIP NICOLÁS DEL RÍO.


TV GALIZA VAGALUMES

COINCIDINDO COAS XORNADAS QUE MARES DE CEDEIRA MUSEO ORGANIZOU PARA OS CENTROS ESCOLARES DA VILA, OS VAGALUMES DE 3º A DECIDEN DEIXAR CONSTANCIA DO SUCESO E PREPARAN UN TELEXORNAL.

A RAPETA É UN ARTE DE PESCA (PROHIBIDA AGORA NA VILA), PERO QUE PERMITÍU CREAR MEMORIA COLECTIVA NO POBO.  ESTE ALUMNADO, INMERSO NUN PROXECTO INTERCENTROS SOBRE O PATRIMONIO INMATERIAL, DECIDÍU SACARLLE O MÁXIMO PROVEITO.

CON ANTERIORIDADE Á RAPETA REALIZARON RUTINAS DE PENSAMENTO EN GRUPOS INTERACTIVOS COAS FAMILIAS.

XORNADA DE RAPETA

O PATRIMONIO INMATERIAL PERMANECE VIVO A TRAVÉS DA ACTIVIDADE ORGANIZADA POLO MUSEO MARES DE CEDEIRA.

A XORNADA DE RAPETA É UNHA DAS DRAMATIZACIÓNS MÁIS FERMOSAS VIVIDAS ESTE CURSO ESCOLAR.

ALUMNADO DO IES E DO CEIP, FAMILIAS E VECIÑOS TIRAN DAS CORDAS PARA ACHEGAR O PEIXE QUE TRAE

A RAPETA ATA AS AREAS DA MAGDALENA, LOGO ESE PEIXE É VOLTO AO MAR SEN MORTE.

AGRADECER Á ASOCIACIÓN MARES DE CEDEIRA.


 

 

XORNADA DE RAPETA

O ALUMNADO DO CEIP NICOLÁS DEL RÍO RECIBE INFORMACIÓN SOBRE A PESCA, O MUNDO MARIÑEIRO E

EN CONCRETO SOBRE A ARTE DA RAPETA NA BIBLIOTECA CARLOS LABRAÑA.

AGRADECIDOS POR FORMAR PARTE DO PLAN "QUERO SER MARIÑEIRO. QUERO SER MARIÑEIRA" ORGANIZADO POLO MUSEO DO MAR DE CEDEIRA.



 

 

Distribuir contido