Skip to main content

TRABALLO POR PROXECTOS

A biblioteca entra nas aulas!


No espazo da biblio do noso cole pódense facer múltiples actividades (lectura, préstamos, obradoiros de cociña, costura, robótica...) pero a función deste espazo chega máis aló das paredes da propia biblio e, moitas veces, achégase as aulas para apoiar con materiais e fondos do catálogo, os proxectos que se están a traballar.

 

Neste caso, a rapazada de 3 anos A está empezando a traballar sobre os dinosaurios e, no seu recuncho do proxecto, teñen unha pequena selección de libros informativos, contos e materiais da biblioteca cós que desfrutan un montón e se inician na búsqueda de información e no marabilloso mundo das letras!

PODCAST "A VIDA DIARIA NO CASTRO SARRIDAL"

O alumnado dentro do seu proxecto intercentros sobre o Patrimonio Inmaterial, tamén traballou a alimentación e a vida diaria nun castro, no noso Castro Sarridal. Este podcast participou no I Concurso de podcast organizado pola Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia. Parabéns a ela, por promover este tipo de concursos.

Agradecer a participación de Quique Vazquez  (o noso Bardo), o alumnado de Antropoloxía de 1º de Bacherelato, ao alumnado de 6º C, e aos Vagalumes por levarnos co radio teatro a "A vida diaria no Castro Sarridal".

RADIO ONDA DISCALZA, PARABÉNS!

Parabéns á emisora de radio "A Onda Discalza", da Biblioteca Escolar Punta Candieira, polo premio no I Concurso de Podcasts do programa Radio na biblio que convocou a Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia.

Este podcast forma parte dun traballo por proxectos intercentros sobre o Patrimonio Inmaterial no que participan os Vagalumes de 3º A e o alumnado de Antropoloxía de 1º de Bacherelato.

Agradecer ás avoas lavandeiras, ás Aturuxeiras, a Andy Cedeira, a Quique Vazquez, aos técnicos da Onda Discalza, a Beatriz Leonardo Labraña, a Elsa López, a Paulo Montouto Sound Machine. Por suposto ao alumnado, aos mestres implicados e á Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia pola oportunidade.

Sen todos vós, isto non sería posible. Por moitas máis!

DIFUSIÓN NO DIARIO CULTURAL

 RADIO GALEGA

 

Distribuir contido