Skip to main content

PATRIMONIO INMATERIAL, PROXECTOS, APRENDIZAXE COOPERATIVA, APRENDIZAXE COLABORATIVA, VISITA, SAÍDA DIDÁCTIVA

CASTRO SARRIDAL - PROXECTO PATRIMONIO INMATERIAL

O alumnado de 3º A (os Vagalumes) e de 1º de Bacherelato de Antropoloxía continúan Co seu proxecto sobre o Patrimonio Inmaterial. Nesta ocasión, as rapazas e rapaces de 6º C, inician aventura e participan no proxecto. Como todo en Galicia, comeza falando de comida, así que a gran pregunta era...É que comían os castrexos? Despois de moito investigar, reflexionar e sacar conclusións, deciden visitar o Castro Sarridal e resolver todas as dúbidas que aínda quedaran sen resolver.

As Bibliotecas Escolares estamos moi ledas e agradecidas pola participación brindada por María Xosé (Conselleira de Cultura, Licencia en Xeografía e Historia) por acompañarnos e brindar as primeiras documentacións, a Quique Vázquez por estar sempre activo e presente, a Emilio Ramil e ao seu equipo de arqueólogos e arqueólogas, que responderon as mil e unha preguntas dos pequenos e pequenas, ás familias por gozar e participar no traballo sacando ese neno/a que todos levamos dentro e en especial a Andy, o pai dunha alumna se encargou da parte técnica e fixo esta fermosa montaxe.

 

Distribuir contido