Skip to main content

libros

OS NOSOS LIBROS HUMANOS - PROGRAMA "LECTURA E FAMILIAS" #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #aBEtenapalabra #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

 

 

BIBLIOTECA HUMANA

 

23 de maio, de 10:00 a 13:00h.

 

Apúntate a ler un libro humano!

 

Manda un whatsapp ao 615143625, co teu nome e apelidos

 

e o título que queres escoitar. Aforo de 10 persoas por libro!

 

Carlos Labraña 10:00h.  Fabiana Feijóo Musi 11:00h

 

Bibiana Córdoba Piñeira 12:00h  Jose de Vigo 13:00h

 

 

 

 

 

 

23 MAIO - LIBROS HUMANOS - PROGRAMA "LECTURA E FAMILIAS" #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #aBEtenapalabra #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

 

Sara, Olivia, Marina, Ailin, Miranda e Elena realizan un anuncio na Radio Experimental.

Preséntannos as autoras e autores, títulos e sinópse dos nosos

libros humanos para o 23 de maio en xornada de mañá.

 

 

 

A VIAXE DE PERCEBIÑO #diainternacionaldolibroinfantil #DILI22 #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Convidamos a toda a comunidade a participar na gravación do video clip

"A viaxe de Percebiño", baseada no libro de Quique Vázquez e Diego Cheda,

sobre educación vial.  Publicado no blog da BE "Carlos Labraña" ao comezo

da pandemia. Esta será a continuación dun proxecto inacabado.

Recordade que para participar hai que apuntarse.

 

 

 

A biblio sempre actualizándose!

A biblioteca é un espazo que non para de actualizarse grazas a suxerencias de mestres/as e da rapazada, melloras que se nos ocorren durante o día a día, actividades que se van demandando... 

Neste caso vos temos que contar que ademáis de libros novos (que damos fe que están moi solicitados!!), temos dúas cousiñas moi chulas: unha escaleira para facilitar que todo o alumnado que o desexe sexa quen de chegar a parte alta das estanterías e poida disfrutar de todos os libros que queira e, unha ampliación do espazo argalleiro que agora conta cunha zona xenial para carpintería, cunha mesa e moitos materiais adecuados a estas labores! Seguro que en breve vos contamos algún proxecto chulo resultado deste espazo!

 

O INCRIBLE NENO DEVORADOR DE LIBROS #euquedonacasa #bescolaresgalabertas

Unha representación do conto "O incrible neno devorador de libros".

Os nenos e nenas de cinco anos fixemos a nosa versión.

 

 

 

https://www.facebook.com/bibliotecacarloslabranha/

@beCarlosLabrana

biblio.nicolas.del.rio@gmail.com

 

 

 

 

Booktubers -#euquedonacasa

Inspirados no alumnado de 3º C, da aula de Chus, imos propoñer que vos convirtades en booktubers.

 Ese libro que estamos lendo, que nos leva a lugares marabillosos, compartámolo con todos e todas!

Como? Grava un vídeo de non máis dun minuto, no que digas o título, autor, editorial e

moi brevemente de que trata e por que che gusta a ti e o recomendas.

Poden participar nenas, nenos e adultos.

1º Paso: Ler o libro. Se non tes ningún, podes mirar nestas ligazóns.

Teñen libros en pdf gratuítos.

Elestudiantedigital.com

Weeblebooks

OyeJuanjo

2º Paso: Realizar un guión escrito do que imos dicir.

Revisar ortografía e cohesión (que se entenda o que queremos transmitir).

3º Paso: Ensaiar, isto é como na poesía e no teatro, hai que expresar, esaxerar...

4º Paso: Pedirlle a un adulto un aparello que permita gravar: móbil, ipad, cámara de vídeo...

5º Paso: Gravar e mandalo a calquera destes enderezos, se desexas que o publiquemos.

https://facebook.com/bibliotecacarloslabranha/…

@beCarlosLabrana

biblio.nicolas.del.rio@gmail.com

TODO VAI SAÍR BEN!

CLUB DE LECTURA

O ALUMNADO NUNHA SESIÓN DO CLUBE DE LECTURA.


 

ALFABETIZACIÓN INFORMACIONAL

ALGO ESTAMOS FACENDO BEN! ENTRAR NUNHA DAS NOSAS SALAS DE BIBLIOTECA E VER A CATRO PEQUENAS DE 1º DE E.P. NO MEDIO DUNHA CONVERSA...

- OS RATOS QUE COMEN?

- QUEIXO

- E BECHOS? UN ANACO DE FILETE?

- NON SEI...

- MIRAMOS NUN LIBRO?

ALÓ VAN, CARA A ESTANTERÍA E PREGUNTAN...

- PROFE, COMO BUSCO?

- POIS, NACEN DE OVOS OU DO VENTRE DA NAI, PORQUE ENTÓN EN MAMÍFEROS...

-SI, MAMÍFEROS!

IRENE COLLE O LIBRO E AS CATRO BUSCAN. ATOPAN RATA E VARIOS APARTADOS, UN DA ALIMENTACIÓN. POÑEN O RATO QUE RECORTARON EN TEA ENRIBA DO LIBRO, XUNTO Á INFORMACIÓN. ENSÍNANME O LIBRO QUE ESTÁN CREANDO, SON RECORTES EN TEA DE ANIMAIS COS NOMES E A SÚA FORMA DE ALIMENTACIÓN. OUTRA DEBUXOU UNHA TABLETA, SEICA QUE PARA FACER QUE BUSCA A INFORMACIÓN NA INTERNET. XA SABEN QUE É OUTRO RECURSO AO SEU ALCANCE. SABEN ONDE BUSCAR E ONDE ATOPAR.

O NOSO LABORATORIO CREATIVO DE APRENDIZAXE CUN USO AO 100%. ESTAS COUSAS OCORREN ASÍ, PORQUE A MOTIVACIÓN DE ESAS NENAS É ALTA E PORQUE OS MATERIAIS ESTÁN DA SÚA MAN. PODEN PEDIR AXUDA E COLABORAN PARA ACADAR O ÉXITO.

UN ORGULLO PARA A NOSA BIBLIOTECA O ALUMNADO QUE DISFRUTAMOS.



DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES! PARTILLA OS TEUS LIBROS!

CO GALLO DO DÍA DAS BIBLIOTECAS E COA INTENCIÓN DE QUE CALQUERA PERSOA POIDA DISFRUTAR DA LECTURA NA RÚA OU NA CASA,  AS TRES BIBLIOTECAS DA VILA: BIBLIOTECA PUNTA CANDIEIRA, BIBLIOTECA MUNICIPAL LÓPEZ CORTÓN E BIBLIOTECA CARLOS LABRAÑA, CO APOIO DO CONCELLO DE CEDEIRA (NA SÚA FINANCIACIÓN), VEÑEN DE POÑER TRES PUNTOS DE LECTURA MEDIANTE A COLOCACIÓN DE TRES CASIÑAS DE MADEIRA CON LIBROS PARA DIFERENTES IDADES, SITUADAS NO EDIFICIO DO AUDITORIO, NO POLIDEPORTIVO E NO CONCELLO DE CEDEIRA.

AQUÍ CADA QUEN PODERÁ COLLER UN LIBRO E DEPOSITAR OUTRO NO SEU LUGAR. UNHA PREMISA MOI IMPORTANTE É QUE O QUE DEIXEMOS SEXA DE CALIDADE DO MESMO XEITO QUE O QUE RECIBIMOS.

ANIMAMOS A TODO O POBO A PARTICIPAR!

 
 

 

Distribuir contido