Skip to main content

libros

"LECTURA E FAMILIAS" CON ANTÓN CORTIZAS #LecturaeFamilias #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #FamiliasnaBE

O 31 de maio foi un día para xogar coas palabras,

as de Antón Cortizas, mestre (xubilado) pero coa mesma alma,

escritor dunha manchea de libros e gran defensor do xogo tradicional,

ese que realizamos co corpo, coas verbas,

con moita imaxinación e algún material de refugallo.

Pola mañá, o alumnado de 4 anos realizou actividades ao redor do conto

"Sopra por este furadiño" e o de 5 ao redor de "Os dez animais".

Pola tarde, portas abertas a tódalas familias para ferrallar

e recuperar o xogo tradicional, unha tarde de creación extraordinaria.

 

 

 

 

 

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O VERÁN #RecomendaciónsLectoras #LecturasRecomendadas #recomendaciónslectoras #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Xa podedes encher a bolsa da praia de fermosas

lecturas e viaxar a calquera tempo ou calquera lugar.

Estas son as nosas recomendacións lectoras para este verán!

XOGOS TRADICIONAIS GALEGOS CON PACO VEIGA, ZELTIA LABRAÑA E ANTÓN CORTIZAS #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

A tarde do xoves foi unha tarde de convivencia para toda

a comunidade educativa da escola. Paco Veiga, Zeltia Labraña,

Antón Cortizas e a Asociación do Xogo Tradicional Galego de Melide

agasalláronnos cunha xornada de xogos e a posterior presentación

do seu libro: Xogos tradicionais galegos para tempos de recollida.

Xogamos moito e tamén conversamos da necesidade de recuperar

na vida diaria o xogo tradicional.

Podedes baixar no Play Store do móbil, a súa app dos Xogos Tradicionais Galegos,

onde irán engadindo xogos. Na biblioteca xa podedes ler o seu libro

ou mercalo nas librerías da vila.

Así mesmo, podedes ver a súa web do Observatorio do Patrimonio Lúdico Galego,

onde atoparedes unha morea de recursos para o xogo.

Agradecer aos autores/a e á AGXPT por semellante xornada!

Ogallá todas foran así e as crianzas recuperasen espazos e xogos.

 

 

 

 

 

 

ANTÓN CORTIZAS NO CLUB DE LECTURAS - OBRADOIRO DE VERBAS E XOGOS #Clubsdelectura #EscribiraBE #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal

Despois da lectura do Merlo de Ferro e a Merla de Trapo

o alumnado do Club de Lecturas "Chocolate con Libros"

gozou dun obradoiro con Antón Cortizas o autor de ámbolos dous libros

e dunha morea máis que temos na biblioteca. Antón,

é escritor, sabe xogar coa palabra pero tamén de xogo,

ese que se fai con bugallos, trozos de lata, papeis...

con calquera material que nos proporciona a

natureza ou é de refugallo. Así crearon chifres con sons,

fixeron paxaros en papiroflexia,unha curuxa con bugallos,

leron a poesía musicada "No mundo hai un país"

de Guadi Galego, xogaron coa palabra, fixeron O bico do galo... 

Temos que agradecer á Asociación Arce quen nos puxo en

contacto con Antón, o cal nos agasallou con verbas e xogos.

Gracias Antón Cortizas para facer medrar a nosa lingua!

 

 

 

 

 

 

 

CONTACONTOS - ROSANA, NAI DE CHLOE #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #poloscreativos #bibliotecacreativa #EscribiraBE #bescolaresgal

Nesta ocasión Rosana Quiza Casado foi a encargada de dramatizar a

historia de "Chloe un unicornio necesita tu ayuda".

Un conto personalizado que contou xunto á súa filla Chloe.

Moitas gracias por participar!

 

 

 

 

 

MAIS NOVIDADES EN FONDOS! #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #voluntariadonaBE

 

 

 

 

 

CONTACONTOS "LECTURA E FAMILIAS" - O DRAGÓN ZOG #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #STEAM #poloscreativos #bibliotecacreativa #EscribiraBE #bescolaresgal

Nesta ocasión Karen Leimdorfer será a transmisora da fermosa

historia de "El dragón Zog" o versionará en galego e inglés,

o seu idioma natal.

Será un agasallo para o alumnado de 2º de primaria.

 

 

 

CLUB DE LECTURAS "CHOCOLATE CON LIBROS" #Clubsdelectura #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Nunha nova xuntanza dun dos Club de lecturas comparten

as súas experiencias lectoras: que dixo aquí, que che gustou

máis, non me gustou nada que pasara, e esta palabra ti

como a entendes?... Compartir e enriquecer o texto lido,

saír da xuntanza entendendo máis e mellor. Na reunión tamén

escolleron as novas lecturas: Que vienen los marcianos de David

Fernández Sifres e Vampira de biblioteca de Ledicia Costas.

Por suposto, uns bombóms fixeron aínda máis doce a xuntanza.

 

 

 

 

 

 

EXPOSICIÓN DÍA DA PAZ #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

 

 

 

INFORMACIÓN FIABLE E DE CALIDADE #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Sabedores de que moitas aulas xa están inmersas na busca de

información do proxecto "Naturalmente, aprendendo!" sobre a flora e fauna

da nosa contorna, a biblioteca quere ofrecer ademáis dos fondos bibliográficos,

o blog dun naturalista, mestre xubilado da nosa escola que pode aportar información

fiable sobre os bichiños e plantas da nosa vila. O blog é: Ao noroeste do Noroeste

e o seu autor Rafael López Loureiro, ao que este venres poderemos escoitar

tamén no Museo Mares de Cedeira.

Asi mesmo, temos no pobo un estudante de bioloxía, Álvaro Pérez Pérez,

que ten Instagram e Twitter con ampla información sobre a nosa natureza.

Convidámosvos a visitar as súas páxinas se queredes investigar.

 

 

CLUB DE LECTURA "Chocolate con libros" #Clubsdelectura #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Conversando dun interese común, a literatura.

Compartindo historias, aventuras, viaxes imaxinarios, novos coñecementos...

Fomentando futuros lectores e lectoras.

 

 

 

 

INSTALACIÓN "O PODER DAS PALABRAS" #Infancia #Radionabiblio #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #LIA #Lectura #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Unha instalaciónción para que a infancia poña palabras aos seus

sentimentos, unha provocación para non deixar a ninguén indiferente.

Provocación que parte da lectura e escoita do libro de Fabiana Ottaviani

e  Cristina Petit e ao que o alumnado de primeiro pon voz.

Coa intención incitar, estimular, suscitar, mover, desafiar... e non deixar a

ninguén sen palabras a biblioteca abre un espazo de arte, cultura e xogo para

toda a comunidade educativa, que xunta crea, xoga, escribe e inventa novos relatos.

Grazas por encher a biblioteca de palabras!

 

 

 

 

 

 

HORA DE LER #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

A hora de ler oferta múltiples posibilidades.

Espazo de aprendizaxe, de coidado e atención persoal,

de calma, de gozo, de exploración e investigación.

 

 

 

 

 

PAKOLAS NO AUDITORIO #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Este xoves a Biblioteca Municipal "López Cortón" agasallou ao

alumnado de 1º a 3º de Primaria con moito rock e libros!

 

 

 

TÍTULOS, AUTORAS E AUTORES - BIBLIOTECA HUMANA 2021 2022 - LECTURA E FAMILIAS #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #aBEtenapalabra #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

 

Estamos orgullosos das persoas que se brindaron a contar a súa historia.

Entre todos crearon redes que se conectan, que nos conectan.

O vindeiro curso poderedes coller os seus libros en empréstito na BE "Carlos Labraña",

pero para quen o desexe creamos un genial.ly, onde está aloxado o audio de cada un dos libros.

Historias fermosas que nos acompañarán no verán. Collede o voso libro!!

 

 

 

 Agradecer inmensamente a colaboración de tódalas persoas que puxeron un pedaciño

do seu tempo para facer posible este proxecto. En especial aos nosos libros humanos:

Andy Brañas, Ánxela Lema, Bibiana Córdoba, Candela Martínez, Carlos Labraña,

Ermitas García, Fabiana Feijoo, Jose de Vigo, Juan Rodríguez, Miño Guerreiro,

Noa López, Raúl Nebril e Rebeca León.

 

 

 

SOLEDAD FELLOZA - OBRADOIRO - BIBLIOTECA HUMANA #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #aBEtenapalabra #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

 

Soledad Felloza, artista multidisciplinar realiza un obradoiro para toda a comunidade educativa,

ao abeiro do programa Lectura e Familias, que desenvolven as bibliotecas

e o Concello de Cedeira, a través da Biblioteca Humana.

Soledad veu cargada de maletas cheas de historias e despois de moito escoller

fixemos un desfile e creamos tendencia cun libro nas redes sociais!

 

 

 

 

Distribuir contido