Enviado por PERCEBÍN LECTOR o Ven, 26/10/2018 - 11:22
Posted in
CO GALLO DO DÍA DAS BIBLIOTECAS E COA INTENCIÓN DE QUE CALQUERA PERSOA POIDA DISFRUTAR DA LECTURA NA RÚA OU NA CASA, AS TRES BIBLIOTECAS DA VILA: BIBLIOTECA PUNTA CANDIEIRA, BIBLIOTECA MUNICIPAL LÓPEZ CORTÓN E BIBLIOTECA CARLOS LABRAÑA, CO APOIO DO CONCELLO DE CEDEIRA (NA SÚA FINANCIACIÓN), VEÑEN DE POÑER TRES PUNTOS DE LECTURA MEDIANTE A COLOCACIÓN DE TRES CASIÑAS DE MADEIRA CON LIBROS PARA DIFERENTES IDADES, SITUADAS NO EDIFICIO DO AUDITORIO, NO POLIDEPORTIVO E NO CONCELLO DE CEDEIRA.
AQUÍ CADA QUEN PODERÁ COLLER UN LIBRO E DEPOSITAR OUTRO NO SEU LUGAR. UNHA PREMISA MOI IMPORTANTE É QUE O QUE DEIXEMOS SEXA DE CALIDADE DO MESMO XEITO QUE O QUE RECIBIMOS.
ANIMAMOS A TODO O POBO A PARTICIPAR!