Enviado por PERCEBÍN LECTOR o Lun, 04/03/2024 - 19:53
Este curso as mulleres cedeiresas que destacan no deporte
son as nosas protagonistas do 8 M. Raquel Freire López, destaca
no remo e estivo conversando co alumnado de quinto A.
Así souberon que comezou con trece anos, e aínda que
tivo un parón de vinte, xa voltou adestrar. Amosoulles diversas
medallas e descubriron diversos termos relacionados co remo
que descoñecían: ciar, couple, en punta...
Ademáis ensinoulles que para ser unha boa deportista,
tes que ser boa compañeira pero tamén unha boa rival na competición.
Os logros adquírense con moita constancia e perseverancia,
temos que superarnos a nós mesmos.
Valores, esforzo e constancia!